Desafíos e retos da industria española actual
Os desafíos da industria española
Os novos retos veñen determinados pola economía global e as consecuencias do ingreso na UE, que nos obrigan a competir en calidade e produtividade. Este reto pon de manifesto os problemas estruturais da industria española.
O tamaño das empresas
O primeiro problema é o tamaño das empresas. Predominan as PEMES con menos de 250 traballadores (95% das empresas e xeran o 67% do emprego), das cales o 80% teñen menos de 20 traballadores e escasos recursos, o que supón unha dificultade para a incorporación de innovacións. A cambio, as PEMES presentan unha gran flexibilidade para adaptarse a un mercado cambiante e desenvolver series curtas e moi diversificadas de produtos que seguen o gusto dos consumidores...