Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

Teatro Galego 1936-1976: Exilio, Xeración dos 50 e Grupo Abrente

Lingua e literatura3,26 KB

O teatro galego entre 1936 e 1976

A Guerra Civil e a posterior ditadura militar supuxeron o traslado da produción teatral ao exilio. Así, en Bos Aires vaise representar Os vellos non deben namorarse, de Castelao, e vaise desenvolver un programa estable de representacións teatrais da man de Varela Buxán, autor de O ferreiro de Santán e A taberna do demo, obras de temática rural, popular e cómica, que pretenden evocar no público a lembranza da súa terra.

As xeracións do teatro galego na posguerra

A partir da posguerra, en Galicia podemos establecer dúas xeracións que conviven cos autores anteriores ao 36: a Xeración dos 50 e a Xeración das Mostras de Ribadavia.

A Xeración dos 50

Nos anos 50 o teatro segue tres liñas principais:

  1. A liña
...
Seguir lendo "Teatro Galego 1936-1976: Exilio, Xeración dos 50 e Grupo Abrente" »

Normativización do Galego: Etapas e Evolución

Lingua e literatura6,65 KB

Historia da Normativización do Galego

A construción da variedade estándar é o que se coñece co nome de normativización lingüística: fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar. Neste proceso de normativización podemos sinalar catro etapas:

  • Galego popularizante (ata fins do s. XIX): Utilízase o galego oral no seu rexistro popular, cheo de vulgarismos, castelanismos e dialectalismos.
  • Galego enxebrizante (ata 1936): Os autores comezan a inclinarse por un modelo que marque distancias co castelán.
  • Galego protoestándar (ata fins dos 70): Medra a conciencia da necesidade dun modelo culto que apoie a normalización do galego.
  • Galego estándar (ata a actualidade): O mellor coñecemento lingüístico
...
Seguir lendo "Normativización do Galego: Etapas e Evolución" »

Linguas Minorizadas e Normalización Lingüística do Galego

Lingua e literatura3,19 KB

Linguas minorizadas e minoritarias

No mundo hai unha gran variedade de linguas, cunha diversidade de situacións: linguas con estado, sen estado, oficiais en varios estados e estados monolingües ou plurilingües.

Conceptos: lingua minorizada e lingua minoritaria

Unha lingua minorizada é aquela que convive en inferioridade de condicións con outra dentro dun mesmo territorio, onde a lingua máis prestixiosa se impón sobre ela. A lingua minorizada non cobre todas as funcións sociais propias do seu territorio. Pódense dar tres situacións principais:

  • Linguas oficiais no seu territorio que perden falantes.
  • Linguas que non teñen recoñecemento oficial no territorio.
  • Linguas que son consideradas dialectos doutra lingua dominante.

Nestes casos, a lingua...

Seguir lendo "Linguas Minorizadas e Normalización Lingüística do Galego" »

Teatro Galego de 1916 a 1936: Evolución e Autores

Lingua e literatura4,92 KB

O Teatro Galego entre 1916 e 1936

As tendencias teatrais desta etapa son fundamentalmente tres:

  • O teatro costumista-ruralista.
  • O teatro propagandístico levado a cabo polas Irmandades da Fala.
  • O teatro renovador (Dieste e Nós).

O teatro galego partía dunha situación de desvantaxe, pois non contaba con infraestruturas adecuadas, nin tiña público asiduo e formado, polo que os comezos foron difíciles.

Os Inicios

En 1903 inaugúrase na Coruña a Escola Rexional de Declamación. O obxectivo desa Escola era consolidar un grupo de teatro estable que garantise a representación de pezas en galego. O autor máis destacado neste primeiro intento foi Manuel Lugrís con obras como A Ponte (1903), primeiro drama galego en prosa.

O Teatro das Irmandades da

...
Seguir lendo "Teatro Galego de 1916 a 1936: Evolución e Autores" »

O teatro en Galicia (1965–1980): autores e mostras

Lingua e literatura2,63 KB

O teatro en Galicia entre 1965 e 1980

As condicións socioeconómicas existentes en Galicia a partir de mediados dos anos sesenta propician a recuperación das actividades teatrais.

Surgen grupos teatrais como O Facho (1965), dirixido por Manuel Lourenzo, que funda na Coruña o Teatro Circo.

En 1973 celebrouse a I Mostra de Teatro de Ribadavia, que serviu de punto de partida e de encontro para numerosos autores e grupos do noso país, como Teatro de Cámara Ditea, Antroido, Troula, Teatro Popular Keizán, Máscara 17, Artello, A Farándula, etc.

Vinculados a estas mostras de Ribadavia, temos os seguintes autores:

Euloxio Rodríguez Ruibal (Ordes, 1945)

Autor dun teatro experimental; na súa obra distínguense tres etapas ao longo da súa traxectoria...

Seguir lendo "O teatro en Galicia (1965–1980): autores e mostras" »

A literatura galega do primeiro terzo do século XIX

Lingua e literatura2,54 KB

A literatura de circunstancias do século XIX

A literatura de circunstancias do primeiro terzo do século XIX carece de valor literario por tratarse fundamentalmente de textos propagandísticos que se difundían en folletos ou formando parte dos xornais. Como por exemplo, podemos citar os escritos sobre a guerra contra os franceses: Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento (1808) (poesía romance anónimo) de J. Fernández e Proezas de Galicia (1810) de J. Fernández de Neira.

O primeiro destes escritos defende ideas tradicionalistas; en cambio, o romance Os rogos dun galego establecido en Londres, dedicados aos seus paisanos para abrirlles os ollos sobre certas ignorancias e o demais que verá o curioso leitor (1813), do...

Seguir lendo "A literatura galega do primeiro terzo do século XIX" »

Xeración do 36: poetas galegos e principais trazos

Outras linguas estranxeiras2,5 KB

Xeración do 36

Está formada por aqueles autores nacidos entre 1910 e 1920. Con temáticas máis abertas, complicadas e comprometidas coa realidade. Predominan nesta xeración os seguintes poetas:

Álvarez Blázquez, obra máis destacable Cancioneiro de Monfero, neotrobadorista, que continúa por tanto coa poesía das vanguardas. Realiza unha imitación das cantigas cun léxico moi arcaizante.

Díaz Castro, autor dun único pero meritorio libro, Nimbo, que inclúe un dos poemas máis elaborados e intensos da nosa literatura.

Pura Vázquez Iglesias e a súa irmá Dora. O conxunto da súa obra poética céntrase en temas como a paisaxe, o paso do tempo, Galiza, o amor, o sentimento relixioso e a saudade do emigrado, que poden observarse en obras...

Seguir lendo "Xeración do 36: poetas galegos e principais trazos" »

Castelao: Biografía, Obra e o Contexto Cultural Galego

Outras linguas estranxeiras3,19 KB

Castelao: Biografía e Legado Cultural

Traxectoria Vital e Política

Nace en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 nunha familia de mariñeiros. O pai emigra á Pampa, lugar ao que chega Castelao coa nai no ano 1896. Volve no 1900, estuda o bacharelato e a carreira de medicina en Santiago de Compostela. Porén, o seu traballo vai ser de funcionario da Administración en Pontevedra.

Participa nas Irmandades da Fala e na revista Nós, polo que resulta elixido deputado en dúas ocasións. Exíliase definitivamente en Bos Aires, creando o Consello de Galiza, que pretendía ser un goberno galego no exilio.

A Obra Polifacética de Castelao

Foi un artista polifacético, xa que destacou como debuxante, pintor, ilustrador, ensaísta e orador. No debuxo, destacan...

Seguir lendo "Castelao: Biografía, Obra e o Contexto Cultural Galego" »

Álvaro Cunqueiro: Biografía e Obra Literaria

Outras linguas estranxeiras2,42 KB

Álvaro Cunqueiro: Vida e Obra

Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911. En 1923 trasládase a Lugo para estudar bacharelato, coñecendo alí a Ánxel Fole. Comeza a carreira de Historia e comparte pousada e preocupación con Fole. Aos 20 anos publica Mar ao Norde. Despois da guerra traballou no xornalismo: mitólogo, gastrónomo, poeta, dramaturgo, etc. Dirixiu durante anos o Faro de Vigo. Morreu en Vigo o 28 de febreiro de 1981.

Obra poética

En 1932, con Mar ao Norde, revélase como poeta vangardista con poemas moi breves de coidada expresión cunha tendencia ás sínteses metafóricas. Poemas de si e non (1933) engade aos versos de vangarda composicións neopopularistas e outras neotrobadorescas nas que emprega atrevidas...

Seguir lendo "Álvaro Cunqueiro: Biografía e Obra Literaria" »

Factores humanos da agricultura: poboación, técnicas e políticas

Economía2,57 KB

Factores humanos da agricultura

O volume da poboación. As técnicas agrícolas. O destino final da produción. Na chamada agricultura de subsistencia a produción destínase ao consumo da familia campesiña, que cultiva todos os produtos que pode; na agricultura de mercado especialízase nun produto ou nun número reducido deles porque a produción se destina á venda. As políticas agrarias inflúen decisivamente nas características e na evolución da agricultura mediante distintas medidas: leis de reforma agraria, plans hidroloxísticos que permiten regar novas terras, axudas económicas ou fixación de cotas para unha determinada produción.

Como é a agricultura de mercado

A agricultura de mercado ten como principal obxectivo obter o máximo...

Seguir lendo "Factores humanos da agricultura: poboación, técnicas e políticas" »