Álvaro Cunqueiro: Biografía e Obra Literaria

Outras linguas estranxeiras2,42 KB

Álvaro Cunqueiro: Vida e Obra

Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911. En 1923 trasládase a Lugo para estudar bacharelato, coñecendo alí a Ánxel Fole. Comeza a carreira de Historia e comparte pousada e preocupación con Fole. Aos 20 anos publica Mar ao Norde. Despois da guerra traballou no xornalismo: mitólogo, gastrónomo, poeta, dramaturgo, etc. Dirixiu durante anos o Faro de Vigo. Morreu en Vigo o 28 de febreiro de 1981.

Obra poética

En 1932, con Mar ao Norde, revélase como poeta vangardista con poemas moi breves de coidada expresión cunha tendencia ás sínteses metafóricas. Poemas de si e non (1933) engade aos versos de vangarda composicións neopopularistas e outras neotrobadorescas nas que emprega atrevidas imaxes. Dona do corpo delgado (1950) é unha das primeiras publicada trala paréntese da Guerra Civil; incorpora o clásico tema do ubi sunt. Herba aquí ou acolá (1980), a súa derradeira obra, aborda temas transcendentais do ser humano a través dunha recreación persoal de mitos lendarios, personaxes históricos e figuras literarias. Na segunda parte do libro reflexiona sobre o tempo e as mudanzas. A poesía segue dúas tendencias: o realismo lírico da liña trobadorista e a popularista.

Obra narrativa

Merlín e familia (1955) é unha sucesión de episodios engarzados arredor da figura de Merlín que, retirado no seu pazo en terras de Miranda, soluciona os problemas da xente que acode a visitalo por medio da maxia e da fantasía. Os episodios seguen un mesmo esquema:

  • Chegada dos visitantes para plantexarlle o problema ao sabio.
  • Asunto.
  • Resolución a través da maxia.

As crónicas do sochantre (1956) son relatos en terceira persoa dun músico de capela —o sochantre de Pontivy— que vai nunha carroza a tocar o bombardino aos funerais dun nobre. No interior atópase cun grupo de personaxes de ultratumba que refiren as súas pasadas vidas mentres atravesan os camiños da Bretaña francesa. Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961) preséntanos o coñecido navegante das Mil e unha noites retirado na súa terra natal. Os oíntes non dan crédito aos seus relatos; a partir de aí decide embarcar.

Descargar

PDF Word HTML