Castelao: Biografía, Obra e o Contexto Cultural Galego

Outras linguas estranxeiras3,19 KB

Castelao: Biografía e Legado Cultural

Traxectoria Vital e Política

Nace en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 nunha familia de mariñeiros. O pai emigra á Pampa, lugar ao que chega Castelao coa nai no ano 1896. Volve no 1900, estuda o bacharelato e a carreira de medicina en Santiago de Compostela. Porén, o seu traballo vai ser de funcionario da Administración en Pontevedra.

Participa nas Irmandades da Fala e na revista Nós, polo que resulta elixido deputado en dúas ocasións. Exíliase definitivamente en Bos Aires, creando o Consello de Galiza, que pretendía ser un goberno galego no exilio.

A Obra Polifacética de Castelao

Foi un artista polifacético, xa que destacou como debuxante, pintor, ilustrador, ensaísta e orador. No debuxo, destacan obras como Nós ou Cousas da vida.

Principais Obras Literarias

  • Un ollo de vidro: Ambientada no mundo da ultratumba, resalta o humor negro e a crítica social.
  • Cousas: É un conxunto de prosas moi breves e de temática variada que van acompañadas dunha ilustración.
  • Retrincos: Cinco relatos con detalles biográficos de diferentes etapas.
  • Os dous de sempre: É a súa única novela longa, centrada na vida de dous personaxes antagónicos (Pedriño e Rañolas).
  • Os vellos non deben namorarse: A súa única peza teatral.
  • Sempre en Galiza: É o seu ensaio máis importante, que se basea no pensamento político.

Contexto Sociolingüístico (1900-1936)

A Historia Social da Lingua (1900-1936) ve continuar paseniñamente o seu proceso de substitución lingüística polo castelán. O mantemento da sociedade tradicional leva consigo tamén a continuidade na repartición das linguas:

  • A burguesía e a nobreza usan o castelán.
  • O campesiñado (80-90% da poboación) usa o galego.

Esta situación contribúe a manter e mesmo reforzar os prexuízos lingüísticos cara á lingua galega.

O Rexurdimento Cultural e as Irmandades da Fala

No interior das clases letradas xorden grupos de grande importancia cultural que reivindican o valor do galego e o demostran utilizándoo eles mesmos en calquera tipo de ámbitos: formais e públicos. Son os membros das Irmandades da Fala, o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos.

O Grupo Nós e a Obra 'En pé'

O Grupo Nós cultivaba o teatro e a novela moderna.

En pé é un chamamento á loita e á unión dos labregos, un poema que exalta e apoia o movemento agrarista.

  • A fouce simboliza a violencia e a oliva, a paz.
  • A narrativa describe como uns estranxeiros entraron en Galicia e a escravizaron.
  • Os galegos foron humillados polos estranxeiros.
  • Na batalla do Medulio, coa súa loita, gañaron o dereito á liberdade.

O Medulio representa a vitoria dos galegos; mentres que a fortaleza representa a frouxeira na conquista de Galiza polos Reis Católicos (RRCC).

Descargar

PDF Word HTML