Xeración do 36: poetas galegos e principais trazos

Outras linguas estranxeiras2,5 KB

Xeración do 36

Está formada por aqueles autores nacidos entre 1910 e 1920. Con temáticas máis abertas, complicadas e comprometidas coa realidade. Predominan nesta xeración os seguintes poetas:

Álvarez Blázquez, obra máis destacable Cancioneiro de Monfero, neotrobadorista, que continúa por tanto coa poesía das vanguardas. Realiza unha imitación das cantigas cun léxico moi arcaizante.

Díaz Castro, autor dun único pero meritorio libro, Nimbo, que inclúe un dos poemas máis elaborados e intensos da nosa literatura.

Pura Vázquez Iglesias e a súa irmá Dora. O conxunto da súa obra poética céntrase en temas como a paisaxe, o paso do tempo, Galiza, o amor, o sentimento relixioso e a saudade do emigrado, que poden observarse en obras como Íntimas ou Maturidade.

Celso Emilio Ferreiro é a figura máis destacada da xeración. Podemos distinguir varias liñas temáticas:

  • Liña social: solidaria cos oprimidos de calquera latitude, defensora do idioma e denunciadora dos males sociais, inxustizas, guerra…
  • Liña intimista: manifesta o seu inconformismo existencial, a fugacidade da vida, o amor e a saudade da infancia.
  • Liña irónica e satírica: fortemente corrosiva, crítica e sarcástica, que evoca as cantigas medievais de escarño.

Tamén é coñecido como precursor do socialrealismo, considerando Longa noite de pedra como punto de partida. Esta corrente recolle as seguintes características:

  • Importancia da mensaxe: paso dunha voz individual a manifestación dun colectivo, solidario cos principios éticos de xustiza e liberdade.
  • Sinxeleza expresiva: aposta por unha linguaxe poética fundada no coloquialismo.
  • Renovación da linguaxe: incorporación de rexistros da fala cotiá e integración de parte do léxico da modernidade urbana.
  • Emprego do humor, da ironía e do sarcasmo como ferramentas expresivas para mostrar as contradicións da sociedade.
  • Procura do ritmo e da musicalidade, baseado no dominio dos metros cultos e da métrica tradicional.

Destacable tamén por obras como Viaxe ao país dos ananos, onde se desmitifica o mundo da emigración e se ataca aos grupos dirixentes da colectividade galega.

Descargar

PDF Word HTML