O teatro en Galicia (1965–1980): autores e mostras

Lingua e literatura2,63 KB

O teatro en Galicia entre 1965 e 1980

As condicións socioeconómicas existentes en Galicia a partir de mediados dos anos sesenta propician a recuperación das actividades teatrais.

Surgen grupos teatrais como O Facho (1965), dirixido por Manuel Lourenzo, que funda na Coruña o Teatro Circo.

En 1973 celebrouse a I Mostra de Teatro de Ribadavia, que serviu de punto de partida e de encontro para numerosos autores e grupos do noso país, como Teatro de Cámara Ditea, Antroido, Troula, Teatro Popular Keizán, Máscara 17, Artello, A Farándula, etc.

Vinculados a estas mostras de Ribadavia, temos os seguintes autores:

Euloxio Rodríguez Ruibal (Ordes, 1945)

Autor dun teatro experimental; na súa obra distínguense tres etapas ao longo da súa traxectoria como dramaturgo.

  • Primeira etapa: utiliza técnicas propias da linguaxe cinematográfica contra a violencia e a opresión. Destas pezas destacan Zardigot (1974) e O Cabodano (1976).

  • Segunda etapa: son obras de gran comicidade nas que se repiten os personaxes. Destácanse Azos de esguello (1989) e Unha macana de dote (1990).

  • Terceira etapa: en 1996, xa pertencente á terceira etapa, escribiu Maremia, traxedia de carácter alegórico.

Manuel Lourenzo (Ferreira de Valadouro, 1943)

É autor de máis de sesenta obras prolíficas. Pódese clasificar en tres grandes ciclos:

  • Ciclo mítico: pezas nas que se recrean personaxes míticos do teatro grego; destacan Romaría ás covas do demo (1975) e Electra (1994).

  • Ciclo histórico: aparecen personaxes históricos, como en Xoana (1991).

  • Ciclo da dramática urxente: pezas de teatro experimental e de carácter crítico, como Magnetismo (1996).

Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950–2002)

É autor, actor e director. Presenta dúas tendencias fundamentais: por unha banda cultiva un teatro simbólico con raíces populares; por outra, segue unha liña de visión pesimista da vida.

Destacan Ledaíñas pola morte do Meco —na que o protagonista e o pobo deben ir descubrindo a identidade do Meco, identificándose este coa opresión estranxeira que explota as clases populares— e Laudamuco, señor de ningures, na que se trata o tema do tirano que se atopa no declive do seu poder. Unha das súas últimas obras con esta liña é O Saxo tenor (1993).

Descargar

PDF Word HTML