Irmandades da Fala, Castelao e as vangardas en Galicia

Outras linguas estranxeirasActualizado o 2,97 KB

Resumo

O texto presenta a fundación das Irmandades da Fala en 1916 e a súa unificación en 1918, o Grupo Rianxo e a vida e obra de Castelao, incluíndo as súas principais publicacións. Tamén explica as vangardas literarias galegas, en especial o Imaxinismo e o Neotrobadorismo, e o seu vínculo co afán modernizador e a defensa da lingua e cultura galegas.

Puntos clave

  • As Irmandades da Fala naceron en 1916 por iniciativa dos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte, co obxectivo de dignificar a lingua galega.
  • En 1918 as irmandades uníronse na I Asemblea Nacionalista de Lugo e fundaron as Irmandades da Fala como organización política unitaria.
  • Castelao naceu en Rianxo en 1886, emigrou á Pampa arxentina con dez anos e regresou aos catorce.
  • Un ollo de vidro (1922) é un retrato satírico da sociedade galega, e Cousas é a súa obra máis orixinal, con 45 relatos breves.
  • O Imaxinismo, creado por Amado Carballo, renovou a poesía popular incorporándoa ás vangardas.
  • O Neotrobadorismo, xurdido en 1928, imita a poesía medieval galega e caracterízase pola perfección formal.

Ponte á proba

As Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala naceron por iniciativa dos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte, os cales, tras unha campaña xornalística en defensa da lingua galega, conseguiron xuntar na Coruña un grupo de persoas preocupadas pola cultura galega e fundar, no ano 1916, a Irmandade de Amigos da Fala da Coruña. O seu obxectivo fundamental foi a dignificación da lingua galega (recuperación, dignificación e normalización). A imitación desta constituíronse outras irmandades por toda Galicia. En 1918 xuntáronse todas en Lugo na I Asemblea Nacionalista e fundaron as Irmandades da Fala como unha organización política unitaria (alí nomeáronse nacionalistas e sentáronse as bases da teoría do nacionalismo de Vicente Risco).

Grupo Rianxo

Constituído por dous escritores, Castelao e Rafael Dieste. (serán explicados nos seguintes temas)

Vida de Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo en 1886 no seo dunha familia mariñeira. Aos dez anos emigrou, coa familia, á Pampa arxentina. Regresou cando contaba catorce anos. Por desexo do pai, estudou medicina, pero non chegou a exercer a profesión de médico.

Obras de Castelao

  • Un ollo de vidro. Memorias dun esqueleto, publicada en 1922, é un retrato satírico da sociedade galega da súa época. Un esqueleto conta a dous compañeiros de cemiterio o que el percibe a través do ollo de vidro.
  • Cousas é a súa obra máis orixinal. Son un conxunto de 45 relatos breves, que combinan, coa excepción de un, imaxe gráfica e texto.
  • Retrincos (1934) é un conxunto de cinco relatos nos que Castelao evoca vivencias da súa infancia e mocidade.
  • Os dous de sempre (1934) é a única novela que escribiu. Está estruturada arredor da vida de dous personaxes antitéticos en canto á súa procedencia social.
  • Sempre en Galiza é o seu ensaio máis importante.
  • Teatro: Os vellos non deben de namorarse

As Vangardas en Galicia

A existencia de poesía vangardista galega debeuse ao afán modernizador e europeizador que tanto as Irmandades como o Grupo Nós desexaban para a cultura galega.

O vangardismo galego rompeu, como o europeo, coa tradición e asumiu moitos dos seus principios estéticos, pero non se desvinculou do seu compromiso coa sociedade galega e a situación da súa lingua e cultura.

O Imaxinismo

É un movemento inspirado na poesía popular. A súa innovación consistiu en vestir a tradición de novas imaxes e ritmos, é dicir, de incorporala ás vangardas. O autor creador do movemento foi Amado Carballo.

O Neotrobadorismo

É un movemento que imita a poesía medieval. Xurdiu en 1928 a partir da divulgación das cantigas de amigo e de amor promovida polo Seminario de Estudos Galegos. A poesía neotrobadoresca caracterízase por unha extraordinaria perfección formal.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Quen fundou as Irmandades da Fala?

As Irmandades da Fala naceron por iniciativa dos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte, que en 1916 fundaron a Irmandade de Amigos da Fala da Coruña. Despois outras irmandades se crearon por toda Galicia.

Cal é a obra máis orixinal de Castelao?

Segundo o texto, Cousas é a obra máis orixinal de Castelao. Trátase de 45 relatos breves que combinan, coa excepción de un, imaxe gráfica e texto.

Que caracteriza o Neotrobadorismo?

O Neotrobadorismo é un movemento que imita a poesía medieval e xurdiu en 1928 a partir da divulgación das cantigas de amigo e de amor. Destaca pola súa extraordinaria perfección formal.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. En que ano se fundou a Irmandade de Amigos da Fala da Coruña?
2. Onde se unificaron as irmandades en 1918?
3. En que lugar naceu Castelao?
4. Que tipo de obra é Un ollo de vidro?
5. Quen creou o movemento Imaxinismo?
6. Que características ten o Neotrobadorismo?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.