Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

Variedades lingüísticas e fenómenos fonéticos do galego

Lingua e literaturaActualizado o 3,63 KB

Variedades Lingüísticas do Galego

As variedades lingüísticas son os diferentes xeitos de falar que se dan no interior dunha mesma lingua, e que responden a diversos factores:

  • Variedade Temporal ou Diacrónica

    Refírese ás diferenzas na lingua ao longo do tempo. Exemplo: galego actual vs. galego medieval.

  • Variedade Xeográfica ou Diatópica

    Son as variedades dialectais segundo os trazos lingüísticos de cada zona.

  • Variedade Social ou Diastrática

    Distínguese por niveis:

    • Nivel alto: falantes con estudos superiores, que empregan cultismos.
    • Nivel baixo: falantes con menor formación académica, que usan vulgarismos.
    • Nivel medio.
  • Xergas

    Manifestan a vontade dun grupo social de diferenciarse dos demais, empregando un léxico específico.

  • Variedade Situacional

...
Seguir lendo "Variedades lingüísticas e fenómenos fonéticos do galego" »

Eduardo Pondal: vida, celtismo e obra (As Eoas e Queixumes dos Pinos)

Outras linguas estranxeirasActualizado o 3,05 KB

Eduardo Pondal: Visión e Ideoloxía

Eduardo Pondal recrea literariamente o pasado histórico de Galicia e elabora un mundo poético de ton épico, poboado de personaxes dotados dunha forte carga simbólica, que habitan unha terra onde os elementos da paisaxe adquiren valores connotativos que determinan e realzan as calidades humanas.

Pondal atopará no celtismo o fundamento ideolóxico que xustifique o xeito diferencial galego e porá a súa arte ao servizo da causa galeguista. Tentará devolverlles aos galegos o orgullo de selo para, deste xeito, poder vivir o presente como dignos herdeiros daquela raza celta, esforzada e heroica.

Vida de Eduardo Pondal (1835-1917)

  • Nace na vila de Ponteceso, na comarca de Bergantiños, en 1835, e morre na Coruña
...
Seguir lendo "Eduardo Pondal: vida, celtismo e obra (As Eoas e Queixumes dos Pinos)" »

Infinitivo conxugado e invariable en galego: usos e exemplos

FísicaActualizado o 2,99 KB

Infinitivo Conxugado

Uso Obrigatorio

  1. Cando o infinitivo ten un suxeito claramente expreso, distinto ó do verbo principal:
    Xa me estrañaba non viren os teus irmáns á miña festa.
  2. Cando o suxeito, sendo distinto ó do verbo principal, non está expreso e deséxase expresalo:
    Sería mellor marcharmos desta cidade canto antes.

Uso Optativo

  1. Cando, aínda tendo o mesmo suxeito có verbo principal, aparece antes ca el, sobre todo se a proposición do infinitivo vai introducida por unha preposición:
    De seguirdes os atallos, pasaredes mil traballos.
  2. Cando, aínda tendo o mesmo suxeito có verbo principal e indo posposto a el, se atopa a unha distancia suficiente para escurecer o suxeito:
    Marchamos deste marabilloso país, que tan ben nos recibiu, para
...
Seguir lendo "Infinitivo conxugado e invariable en galego: usos e exemplos" »

O galego popularizante: características, ortografía e evolución no Rexurdimento

Lingua e literaturaActualizado o 2,77 KB

O Galego Popularizante: Características e Evolución

Este galego atopámolo tanto nos escritores precursores coma nos propiamente pertencentes ao Rexurdimento (como Fernández Neira, Rosalía, Curros...). Caracterízase pola presenza de castelanismos, dialectalismos e vulgarismos propios da fala, pois estes escritores toman como referencia a lingua oral popular e recorren ao castelán para resolver as carencias léxicas propias dunha lingua reducida aos ámbitos coloquial e familiar durante séculos.

Vontade Interdialectal e Desafíos Iniciais

Os escritores desta época amosan unha vontade interdialectal, xa que non se limitan a reflectir a fala da súa zona natal, senón que intentan empregar trazos lingüísticos e vocabulario das diferentes...

Seguir lendo "O galego popularizante: características, ortografía e evolución no Rexurdimento" »

Normativización do galego: etapas, estándar e interferencias

Lingua e literaturaActualizado o 3,41 KB

A Normativización Lingüística do Galego

As linguas teñen tendencia á diversidade. A existencia dunha variedade estándar contribúe a frear a dispersión, o que se coñece como normativización lingüística: a fixación dunha ortografía, gramática e dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar.

O galego sufriu un proceso de minorización e non emprendeu esa tarefa ata o século XIX cos autores do Rexurdimento. Este proceso divídese en catro etapas:

1. Etapa Popularizante

Caracterízase por non ter intención normatizadora. Emprégase o galego oral popular, cheo de vulgarismos, castelanismos e dialectalismos.

2. Etapa Enxebrista (ou Enxebrizante)

Sente a necesidade dunha norma escrita e inclínase por un modelo diferente ao castelán....

Seguir lendo "Normativización do galego: etapas, estándar e interferencias" »

O Divino Sainete de Curros Enríquez: crítica e sátira no Rexurdimento

Lingua e literaturaActualizado o 3,32 KB

O Divino Sainete

É un longo poema narrativo de carácter satírico-burlesco composto por 512 tríades de versos octosílabos e rima consoante. É tamén unha pequena parodia a unha das obras cume da literatura occidental: A Divina Comedia. A obra ten tres obxectivos principais:

  • Crítica ás institucións de goberno e outros sectores reaccionarios da sociedade, en xeral, e á Igrexa, en particular.
  • Defensa do Rexurdimento e das súas principais figuras e do dereito a unha literatura galega completamente autónoma.
  • Sátira a algúns dos seus inimigos persoais, ideolóxicos e literarios.

A obra compónse dunha introdución e oito “cantos”. O seu motivo argumental é unha peregrinación a Roma polo xubileo do papa León XIII, acompañado por Francisco...

Seguir lendo "O Divino Sainete de Curros Enríquez: crítica e sátira no Rexurdimento" »

Percepción do habla: modelos e procesos cognitivos

CastelánActualizado o 3,54 KB

Percepción del habla

Cuando escuchamos hablar a alguien:

Percepción de sonidos, identificación de palabras y unidades mayores, percibimos los sonidos y determinamos si son sonidos lingüísticos, identificamos dichos sonidos como fonemas, determinamos cuando una cadena de palabras se ha convertido en oración.

El habla conversacional produce una señal continua

La coarticulación

Producción de un determinado segmento fonético, cambia dependiendo del contexto en que se inserte. Estos efectos que produce el contexto es la coarticulación, la variación alofónica se debe a la articulación.

Modelos de percepción del habla

Perspectiva ascendente: Es un proceso que asciende a través de estadios sucesivos desde el input auditivo al nivel fonológico...

Seguir lendo "Percepción do habla: modelos e procesos cognitivos" »

A Xeración Nós e o nacionalismo galego: preguntas e respostas clave

Lingua e literaturaActualizado o 4,12 KB

1) Cal é o medio polo que os integrantes da Xeración Nós publicaban as súas obras?

Mediante a revista Nós.

2) Que características non comparte Castelao con respecto aos seus compañeiros de xeración?

Extracción social acomodada.

3) Que son as Irmandades da Fala? Cal é o seu obxectivo primordial?

Grupos ou asociacións de persoas que teñen como elemento primordial exaltar e dignificar o mundo galego. Exaltar e dignificar a lingua galega.

4) Enumera os obxectivos do nacionalismo galego:

  • Autonomía para Galicia.
  • A cooficialidade lingüística entre galego e castelán.
  • Ingreso na Sociedade das Nacións.
  • Potenciación da cultura galega.
  • A igualdade de dereitos para a muller.
  • A garantía de que o pobo puidese expresarse libremente nas eleccións.
  • A
...
Seguir lendo "A Xeración Nós e o nacionalismo galego: preguntas e respostas clave" »

Normativización e normalización do galego: conceptos, tendencias e situación

Lingua e literaturaActualizado o 4,99 KB

A Normativización do Galego

A variante estándar ou normativa é a que goza de maior prestixio social, empregada nos usos escritos e formais. No caso do galego, o proceso de construción desta variante comezou no século XIX, máis tarde que en linguas veciñas como o portugués ou o castelán (séculos XV e XVI).

A Normativización

A normativización implica a creación dun código formal, común e válido para toda a comunidade lingüística, que se concreta nunha ortografía, gramática e dicionario. É importante diferenciar:

  • Normativa: Fixación dun código lingüístico por expertos e aprobado por organismos competentes.
  • Estándar: Variedade resultante da aplicación da normativa. Non se limita á lingua escrita; existe un estándar
...
Seguir lendo "Normativización e normalización do galego: conceptos, tendencias e situación" »

A vexetación de Galicia: bosques, matogueiras e flora de ribeira e dunas

XeografíaActualizado o 3,47 KB

A Vexetación Galega: Biodiversidade e Ecosistemas

Galicia posúe unha gran porcentaxe de monte e bosque, sendo unha das comunidades autónomas con máis masa forestal. Sen embargo, tamén se estima que a maior parte dos bosques permanecen abandonados, estando cheos de maleza.

Bosques Caducifolios e o Impacto Humano

O bosque galego típico está formado por especies caducifolias, como o carballo e o castiñeiro, cuxas formacións víronse moi reducidas nos últimos anos pola acción humana (introdución de especies como o eucalipto e o piñeiro), quedando un número de fragas reducido, en particular no centro-norte da provincia de Lugo e no norte da provincia da Coruña (Fragas do Eume).

Rexións Bioxeográficas de Galicia

O noroeste peninsular...

Seguir lendo "A vexetación de Galicia: bosques, matogueiras e flora de ribeira e dunas" »