Análise do poema de Curros Enríquez dedicado a Rosalía de Castro

Lingua e literaturaActualizado o 3,66 KB

Resumo

Este texto analiza un poema de Curros Enríquez, situándoo na súa biografía, na obra Aires da miña Terra e no contexto social e político do século XIX en Galicia. Explica o tema da defensa de Galicia, a soidade da loita de Rosalía de Castro e a estrutura do poema, de dúas estrofas de oito versos cada unha.

Puntos clave

  • O poema pertence a Aires da miña Terra, obra que causou escándalo e polo que Curros foi procesado.
  • Curros Enríquez é considerado o iniciador da poesía de protesta en Galicia.
  • Na época xurdiron o provincialismo e o rexionalismo, correntes que pedían descentralizar o Estado e recoñecer Galicia como territorio con historia e lingua propias.
  • O poema trata a defensa de Galicia e a incomprensión da loita solitaria de Rosalía de Castro.
  • O poema consta de dúas estrofas de oito versos, sumando dezaseis versos, e non nomea explicitamente a Rosalía.

Ponte á proba

Este poema foi escrito por Curros Enríquez no s. XIX. O poeta naceu en Celanova, Ourense. Tivo unha vida marcada por acontecementos significativos: fuxiu a Madrid escapando dun pai autoritario e violento; foi exiliado a Londres por asinar un artigo xornalístico; e marchou a Cuba fuxindo dunha vida complicada, con persecucións políticas, enfrontamentos coa igrexa e a perda da nai e de tres fillos.

Na Habana, fundou unha sociedade que serviría de modelo para a posterior creación da Real Academia Galega na Coruña, presidida por Manuel Murguía. Curros Enríquez foi homenaxeado en vida e acadou numerosos recoñecementos.

Este poema pertence a Aires da miña Terra, unha obra que xerou un grande escándalo ao ser considerada blasfema e herética. Por esta obra, Curros foi procesado e condenado, o que lle outorgou unha gran publicidade e obrigou a realizar varias edicións.

A temática da obra é de tipo intimista. A súa poesía é moi comprometida e didáctica, pois pretendía abrir os ollos da xente a unha realidade inxusta. É comprometida tamén pola súa actitude combativa e rebelde contra as autoridades, chegando a padecer castigos. Por isto, podemos consideralo como o iniciador da poesía de protesta, denunciando o poder do cacique, os abusos do escribán e o carácter retrógrado do clero.

Esta obra, escrita no s. XIX, enmárcase nunha época na que xurdiron dúas ideoloxías políticas: o provincialismo e o rexionalismo. Estas correntes pretendían descentralizar o Estado e recoñecer Galicia como un territorio cunha historia e lingua independentes e propias.

É unha época de crise para Galicia, marcada pola fame, a emigración e as pestes. Pola contra, o resto da península estaba en proceso de reforma do Antigo Réxime, introducindo o capitalismo e o liberalismo grazas á industria. Isto non ocorría en Galicia, onde a maioría da poboación eran campesiños que traballaban para o clero e a aristocracia, sufrindo abusos e pagando impostos elevados. Precisamente por esta situación, habería un levantamento militar que remataría co fusilamento dos mártires de Carral.

O tema central deste poema trata sobre a defensa dos cidadáns de Galicia que se atopan sós na súa loita, e a inxustiza que sofren os seus defensores. Aborda tamén a incomprensión da loita de Rosalía de Castro, é dicir, a loita solitaria e incomprendida de Rosalía e outras figuras coma ela.

As principais ideas que atopamos neste poema son:

  • Rosalía, como moitos outros galegos, está soa na súa loita por defender Galicia.
  • Coas súas palabras, Curros empatiza con ela e con aqueles que defenden Galicia.
  • Manifesta o seu sentimento relixioso, rezando por ela.

Na primeira estrofa, o autor describe unha muller que viu pasar á beira do mar, cantando soa, e por quen rezou. Na segunda estrofa, hai unha alabanza a Rosalía, mencionando a súa morte e o seu enterro.

Este poema consta de dúas estrofas, cada unha con oito versos, sumando un total de dezaseis versos.

A linguaxe, aínda que complexa, resulta conmovedora. A pesar de que o título fai referencia a Rosalía, o poema non a nomea explicitamente, o que suxire que o autor quere reivindicala e expresar a admiración e a mágoa que sente pola súa morte. O poema transmite a forza e a importancia de Rosalía para a época, ata o punto de inspirar a homes que a admiraban e escribían para ela. A visión do autor é íntima e profunda, destacando a defensa dos autores da época e a crítica cara aos seus detractores.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Quen escribiu Aires da miña Terra?

Aires da miña Terra foi escrita por Curros Enríquez, poeta nado en Celanova (Ourense) no século XIX.

Por que foi procesado Curros Enríquez?

Foi procesado e condenado pola súa obra Aires da miña Terra, que foi considerada blasfema e herética, o que lle deu gran publicidade.

Cantos versos ten o poema?

O poema consta de dúas estrofas de oito versos cada unha, sumando un total de dezaseis versos.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. En que século escribiu Curros Enríquez este poema?
2. Onde naceu Curros Enríquez?
3. Que obra pertence este poema?
4. Que tipo de poesía iniciou Curros Enríquez segundo o texto?
5. Cantas estrofas ten o poema?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.