Literatura Galega: Vangardas, Posguerra e Neotrobadorismo

Outras linguas estranxeiras3,05 KB

O Creacionismo de Manuel Antonio

Manuel Antonio (1900-1930) foi, desde moi novo, unha persoa comprometida co Grupo Nós. Sempre foi independente, realizou estudos náuticos en Vigo e morreu de tuberculose.

Só publicou un poemario en vida, De catro a catro (1928), aínda que póstumamente publicáronse outros poemas seus. Tamén foi autor, xunto con Álvaro Cebreiro, do manifesto Máis alá! (1922).

De catro a catro é unha das obras máis orixinais da poesía galega contemporánea e consta de dezanove poemas. A súa técnica poética recolle a influencia vangardista creacionista de Vicente Huidobro, que concibía o poema como unha sucesión de imaxes.

Outros trazos da poesía de Manuel Antonio son:

  • O verso libre
  • A técnica do caligrama
  • O uso do léxico tecnicista e de estranxeirismos
  • A ironía e os xogos humorísticos

O Imaxinismo de Amado Carballo

Luís Amado Carballo (1901-1927) publicou en vida Proel (1927) e póstumamente O Galo (1928). A súa poesía mestura elementos tradicionais con outros máis innovadores. A súa obra está influenciada pola corrente inglesa do imaxinismo.

Poemas Representativos

  • "Fomos ficando sós" (Sós) – Manuel Antonio, De catro a catro
  • "Os berros dos mazaricos" (Canción do Temporal) – Amado Carballo, Proel
  • "A lúa é velliña" (Lúa) – Amado Carballo, O Galo
  • "¡Outra vez, outra vez o terror!" (Cunetas) – Luís Pimentel, Poesía Enteira
  • "O teito é de pedra" (Longa Noite de Pedra) – Celso Emilio Ferreiro, Longa Noite de Pedra

Galicia na Inmediata Posguerra

Cando comezou a Guerra Civil, Galicia estaba no bando franquista. A guerrilla antifascista dos Maquis mantivo a súa actividade ata a década dos 50. A represión da ditadura foi implacable contra os seus opositores.

A Represión Cultural

Debido á Guerra Civil e á posguerra, rompeuse coa tradición democrática. A ditadura non permitiu as actividades políticas contrarias ao réxime e paralizou a evolución cultural e literaria dos galegos. Desde 1939 ata 1950 apenas se publicou nada en galego.

A represión contra a cultura galega comezou co asasinato de persoas e, máis tarde, elimináronse todas as institucións e organismos que mantiñan viva a cultura do país e o uso do galego en actos públicos.

O Neotrobadorismo: Cunqueiro e Bouza Brey

O neotrobadorismo consiste na recreación libre dos temas amorosos e do estilo paralelístico das cantigas trobadorescas. Usa as metáforas e imaxes de inspiración vangardista ou popular, ofrecendo unha síntese de tradición e modernidade.

Álvaro Cunqueiro

Publicou Cantiga nova que se chama Ribeira (1933) e Dona do corpo delgado (1950). Ademais, escribiu dous poemarios: Mar ao norde (1932) e Poemas do si e do non (1933).

Fermín Bouza Brey

Escribiu o poemario Nao senlleira (1933).

Descargar

PDF Word HTML