Literatura Galega: Xéneros Medievais e Autores do Rexurdimento
A Lírica Medieval Galego-Portuguesa
Cantiga de Amigo
- Protagonista: A voz que canta (a rapaza).
- Tema: A rapaza expresa a súa tristeza (coita de amor).
- Marco: O ambiente é campestre, mariñeiro ou doméstico.
As cantigas de amigo son composicións breves que transmiten os sentimentos amorosos dunha muller namorada.
Cantiga de Amor
Son textos en que un trobador manifesta os seus sentimentos amorosos por unha muller.
- Protagonista: O trobador.
- Temas: O eloxio da dama e a coita de amor.
Subxéneros
- Cantiga de mestría.
- Cantiga de refrán.
Cantigas de Escarnio e Maldicir
Son composicións de ton burlesco e crítico. As cantigas satíricas galego-portuguesas son froito da influencia provenzal sobre unha poesía popular autóctona.
- Destinatario: Non é para unha persoa concreta, é para un grupo.
- Finalidade: Facer rir mediante a crítica.
- Forma: Teñen total liberdade de expresión.
Cantigas de Santa María
- Finalidade: Son escritas para honrar e alabar a Virxe.
- Forma: Presentan notación musical e nalgúns casos ilústranse.
A Prosa Medieval Galega
Tipos de Prosa
Prosa de Non Ficción
Aquela que, por riba de calquera outro criterio, ten que ser fiel á verdade histórica dos feitos que narra.
- Poesía haxiográfica: Tradución de textos latinos.
- Poesía xurídica: Obras que teñen que ver co ámbito do dereito ou das leis.
Prosa Historiográfica
Consérvanse varias obras. Algunhas delas son traducións parciais ao galego.
Prosa de Ficción
Nace como resultado da conxugación da tradición literaria latina, conservada nos mosteiros.
- Ciclo Clásico ou Troiano: Tratan da destrución de Troia.
- Ciclo Artúrico.
- Ciclo Carolinxio: Consérvase un texto en galego.
O Xornalismo
O Xornal
É un medio de comunicación empregado para obter información sobre o que acontece nunha cidade.
Estrutura
Portada
- Cabeceira.
- Noticia principal.
- Sumario.
- Publicidade.
Seccións
Os Séculos Escuros (Séculos XVI-XVIII)
Este período coñécese como Séculos Escuros e abrangue os séculos XVI-XVIII. Durante eles decaeu a escritura en galego.
Decadencia da Lingua
O galego perdeu case toda relación coa cultura escrita e quedou relegado a usos orais en ámbitos coloquiais. Manifestouse en: documentos oficiais, na igrexa e no ensino.
Poesía Popular
- Poesía da vida cotiá: Composicións máis representativas: cancións de traballo, de berce, de cego...
- Poesías de sucesos: Contan episodios que quedaron gravados na memoria da xente.
- Vilancicos: Son anónimos.
O Rexurdimento (Século XIX)
No seu transcurso produciuse o inicio dunha recuperación non só nos ámbitos da lingua, tamén no político.
Etapas do Rexurdimento
- Provincialismo: Galicia é a única provincia.
- Rexionalismo: Etapa de duro traballo da lingua.
- Nacionalismo: A madureza do galego.
Factores de Recuperación
Para sacar o galego para adiante pasou o seguinte:
- Xogos Florais.
- Primeiras gramáticas: *Gramática Gallega*, *Diccionario Gallego Castellano* e *El idioma gallego*.
- A prensa.
Fases Cronolóxicas
- 1ª Etapa (1808-1833): Hai poucos textos.
- 2ª Etapa (1833-1863): É a época dos precursores.
- 3ª Etapa (1863): Ata o ano de publicación de *Cantares Gallegos*.
A Narrativa no Rexurdimento
Modalidades Modernas
Vanse editar as primeiras modalidades modernas de narrativa en lingua galega:
- Conto literario: Desenvolve temas rurais e cadros de costumes, e por incluír algunhas reivindicacións.
- Novela: Carácter romántico, costumista e folletinesco.
Rosalía de Castro
Cantares Gallegos
- Métrica: Combínanse as formas populares de arte menor cunha métrica máis innovadora no tocante ao ritmo e á distribución dos acentos.
- Temas: Obra reivindicativa. Nela desexa cantar os costumes dun verdadeiro pobo.
Follas Novas
- Métrica: O libro é moi innovador, xa que a autora experimenta con novas combinacións métricas que se anticipan á renovación que anos máis tarde levarán a cabo os modernistas.
- Temas: Adoitase falar de dous grandes temas: A sociedade galega e o eu existencial.
Estrutura de Follas Novas
O libro divídese en 5 partes:
- Vaguedás.
- Do íntimo.
- Varia.
- Da terra.
- As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos.
Manuel Curros Enríquez
Lingua e Estilo
Pretende que a súa poesía chegue ao pobo, e por iso emprega nas composicións unha lingua clara, sinxela e coloquial.
Estilo: Procura centrar a atención do lector no contido, polo que evita as versificacións innovadoras e os artificios de estilo complexos.
Aires da Miña Terra
Consta de 20 poemas.
- Poesía Costumista: Son poemas de ambientación temática popular.
- Poesía Intimista: Cría na función social da poesía e por iso son poucos os poemas.
- Poesía Cívica: A figura do poeta debía estar ao servizo do pobo. Por iso, os poemas denuncian males da sociedade do seu tempo.
O Divino Sainete
Poema narrativo longo, de carácter satírico, burlesco e social.
- Tema: Inspírase na *Divina Comedia* de Dante e recrea unha peregrinación.
- Intención: A obra constitúe unha sátira dos vicios humanos a través da crítica.
Eduardo Pondal
Lingua e Estilo
- Lingua: Pretende crear un rexistro culto e literario.
- Estilo: É austero, exento de grandes artificios.
- Utilización de termos opostos.
- Presenza da natureza.
- Utilización de topónimos.
Produción Literaria
Poesía Patriótica
- Celtismo: Unha Galicia cun pasado esplendoroso de orixe celta.
- Bardismo: Pondal autoproclámase bardo do pobo galego.
- Helenismo ou Clasicismos: GABA o pasado grego de Esparta.
Poesía Lírica
- Paisaxe e a muller.