A Literatura Galega Contemporánea: Xeracións e Narrativa

Outras linguas estranxeiras6,65 KB

A Nova Narrativa Galega (NNG)

Baixo esta denominación, reúnese un grupo de publicacións dunha serie de autores, aproximadamente entre 1954 (Nasce unha árbore, de Gonzalo Mourullo) e 1971 (Adiós María, de Xohana Torres).

Novidades temáticas da Nova Narrativa Galega

  • Presenza de personaxes anónimos, marxinados, desorientados, violentos...
  • O mundo do subconsciente.
  • Expresión do absurdo da existencia.
  • Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos.
  • Fuxida da localización concreta dos espazos narrativos.

Innovacións técnicas da NNG

  • Alternancia de planos temporais.
  • Pluralidade de voces narrativas.
  • Predominio do monólogo interior.

Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938)

Poeta e narrador, é un dos escritores fundamentais da literatura galega actual.

Poesía de Méndez Ferrín

Como poeta, iníciase cun libro de tema existencial na liña da Escola da Tebra, que dá paso nos seguintes a unha poesía civil e reivindicativa. A publicación en 1976 de Con pólvora e magnolias inicia unha nova etapa na poesía galega que rompe definitivamente coa tendencia social-realista dos seguidores de Celso Emilio.

No conxunto da súa obra coexisten dúas liñas poéticas esenciais:

  • Unha lírica e intimista que desenvolve temas como a nostalxia e o amor.
  • Outra reivindicativa e concienciadora, na que dá conta da súa ideoloxía revolucionaria.

Desde o punto de vista formal, destaca o ton épico, a riqueza das imaxes e a variedade métrica.

Narrativa de Méndez Ferrín

Escribe contos e novelas. As súas primeiras obras están dentro da Nova Narrativa Galega e nelas apréciase a influencia da literatura europea e americana (ex: O crepúsculo e as formigas) e posteriormente (ex: Crónica de Nós).

A súa narrativa xira en torno a tres eixes temáticos:

  • A temática fantástica, con ambientes da Materia de Bretaña.
  • A exploración do absurdo da existencia humana e a violencia.
  • O mundo mítico creado polo escritor.

Carlos Casares (Ourense, 1941 – Vigo, 2002)

Obra narrativa de Carlos Casares

É autor de contos e novelas. As dúas primeiras obras inclúense dentro da Nova Narrativa Galega, unha delas é Vento ferido. As obras restantes ambiéntanse nun pasado histórico. A derradeira novela é unha historia de amor e morte na que Helena, tras o suicidio de Carlos, rememora os veráns compartidos na nenez.

Tamén escribiu obras de literatura infantil e a peza teatral Laranxas máis laranxas de tódalas laranxas.

A Xeración do 36

Está formada polos escritores que naceron entre 1910 e 1920.

Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912 – Vigo, 1979)

Celso Emilio Ferreiro era marxista. É o poeta máis destacado da súa xeración e quen recupera en Galicia a poesía social.

Liñas temáticas na poesía de Celso Emilio

  • Poesía social de carácter reivindicativo: Critica as inxustizas sociais e manifesta o seu compromiso antibelicista e antifascista.
  • Poesía intimista: Aborda o sentimento íntimo do ser humano.
  • Poesía satírica: Búrlase e canta as traxedias do ser humano en xeral.

Celso Emilio escribe os seus versos nunha lingua coloquial e popular, na procura dun discurso directo e claro.

Características formais e simbólicas

A súa poesía caracterízase pola presenza de metáforas e imaxes simbólicas, organizadas en dúas series opositivas:

  • Elementos positivos: Connotan ideas de esperanza, liberdade e xustiza.
  • Elementos negativos: Aluden ao presente da ditadura franquista e expresan as ideas de medo e opresión.

Libros destacados de temática intimista e social son O soño sulagado e Longa noite de pedra.

A Xeración das Festas Minervais (XFM)

Está formada por escritores nacidos entre 1930 e 1940 que comezaron a publicar as súas obras na década dos cincuenta e levaron a cabo unha profunda renovación da literatura galega.

Características xeracionais da XFM

  • A maioría ten formación universitaria. Nos anos universitarios participan en acontecementos como as Festas Minervais (concursos literarios organizados pola Universidade de Santiago nos que se premiaban obras narrativas).
  • Son escritores monolingües en galego.
  • Manteñen un activo compromiso político, e moitos deles teñen un papel relevante na aparición do nacionalismo marxista.

Pertencen a esta xeración, entre outros: Méndez Ferrín, Novoneyra, Manuel María, Xohana Torres...

Xohana Torres

A súa obra literaria abrangue todos os xéneros: poesía, narrativa, ensaio e teatro.

Poesía e narrativa de Xohana Torres

A súa poesía trata temas intimistas (a angustia, a soidade...) e sociais (a preocupación por Galicia). Algúns dos seus libros son Do sulco e Tempo de ría.

Como narradora escribiu Adiós María, novela que se encadra dentro da Nova Narrativa Galega. Tamén publicou varias obras de teatro.

Manuel María

É autor dunha obra extensísima, moi variada formal e tematicamente, que non se reduce ao xénero poético.

Etapas poéticas de Manuel María

Tras unha inicial etapa existencialista (foi cofundador da Escola da Tebra), dá paso ao paisaxismo (a súa Terra Chá) e, sobre todo, á poesía social, da que é o principal cultivador da súa xeración.

A súa poesía ten un notable contido ideolóxico e nela amosa o seu compromiso nacionalista: denuncia o colonialismo que padece Galicia e defende o galego das agresións que sofre. É unha poesía de denuncia e reivindicación.

Entre os seus numerosos títulos destacan: Muiñeiro de brétemas e Terra Chá.

Uxío Novoneyra (O Courel, 1930 – 1999)

Coñecido como o poeta do Courel, destaca principalmente pola súa poesía paisaxística. Presenta as súas montañas do Courel, os lobos e aguias que os habitan, e o son dos ríos que baixan apresurados.

Describe unha natureza grandiosa ante a cal o home queda anulado e reducido a un simple punto no espazo. O poeta expresa a súa compenetración e fusión coa natureza.

A súa obra caracterízase pola importancia dos efectos fónicos (aliteracións, onomatopeas...) e tamén pola brevidade e condensación dos versos. Unha obra súa é Os eidos.

Descargar

PDF Word HTML