Castellanos de Castilla de Rosalía de Castro: contexto, contido e forma
Comentario de texto de Rosalía de Castro
Esta obra pertence a Rosalía de Castro, autora nada en Santiago de Compostela e enterrada no Panteón dos Galegos Ilustres na igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Morreu de cancro. De pequena viviu na aldea de Ortoño e en Padrón cunha tía, porque era filla dunha muller solteira e un seminarista, e iso estaba mal visto. Mentres estivo na aldea non recibiu educación axeitada, mais impregnouse da lingua e cultura popular galegas. Cuns 13 anos foi para Santiago e entrou en contacto coa mocidade intelectual do momento, como socia do Liceo de la Juventud, onde coñeceu a Pondal e Murguía, entre outros. Casou con Manuel Murguía aos 21 anos. El era un importante intelectual, investigador...