Bloques e áreas dialectais do galego: trazos fonéticos, morfolóxicos e léxicos

Outras linguas estranxeiras7,12 KB

Bloque occidental

  • Seseo implosivo (luz → lus)
  • Gheada (amigo → amigho)
  • Metafonía nominal e alteracións do timbre das vogais tónicas
  • Plural en -ns (canción/cancións, can/cans)
  • Terminación -án masculina e feminina (o/a irmán)
  • Ti como pronome suxeito de 2.ª persoa
  • Formas de P2 do pretérito indicativo (colleches, vendeches, foches; colliches, vendiches, fuches)

Áreas

Área de Fisterra

  • Seseo explosivo (sapato, cosiña → zapato, cociña)
  • Cheísmo (invítoche a comer → invítote a comer)

Zona norte: emprego do ditongo -ui- (muito → moito), presenza de -i- velar tónica nas formas verbais de P3 do pretérito indicativo dos verbos da 2.ª e 3.ª conxugación (colliu, partiu → colleu, partiu).

Zona sur: aparecen formas do ditongo -oi- (moito), presenza de -e- velar tónica nas formas verbais de P3 do pretérito indicativo dos verbos da 2.ª e 3.ª conxugación (colleu, parteu → colleu, partiu).

Área de Bergantiños

  • Ausencia de seseo prenuclear
  • Ausencia de cheísmo
  • Presenza do ditongo -oi-
  • Velarización de -i- tónica no pretérito indicativo dos verbos da 2.ª e 3.ª conxugación (colliu, partiu)

Área pontevedresa

  • Ausencia de cheísmo


Bloque central

  • Ausencia de seseo
  • Presenza de gheada
  • Presenza do ditongo -oi-
  • Plural en -s (cans, pantalóns, xardíns)
  • Terminación -ao masculina e -á feminina (o irmao, a irmá)
  • Ti como pronome suxeito de 2.ª persoa (zona occidental) e tu (zona oriental)
  • Formas de P2 do pretérito indicativo coa vogal -i- etimolóxica (colliches, bebiches)

Áreas

Área mindoniense

  • Emprego da vogal media aberta anterior como sufixo nas P4 e P5 do pretérito subxuntivo (cantèmos, collèmos, partèmos)
  • Uso de formas verbais propias (seña ou esteña; sexa ou estea) e voces específicas (biouteiro – sabugueiro, felgo – fento, cimo – grelo, golpe – raposo, barruzar – orballar)
  • Presenza dos pronomes suxeitos nosoutros e vosoutros (nós e vós)
  • Distinción de formas de complemento indirecto lle/lles e contraccións co complemento directo llo/llelo

Área lucense-ourensá

  • Emprego de formas dos demostrativos masculinos iste(s), ise(s), aquil(es) e pronomes tónicos de P3 e P6 masculinos il(es), este(s), ese(s), aquel(es), el(es)
  • Formas do imperativo singular dos verbos da 2.ª conxugación coa vogal velar -u- (culle – colle) e -i- (bibe – bebe)
  • Presenza de formas verbais con acentuación etimolóxica nas P4 e P5 (cantabamos, cantariamos, cantaramos)


Área central de transición

  • Terminación de feminino en -án (irmán, irmás)
  • Alternancia de formas verbais no pretérito indicativo (colleu, parteu – colleu, partiu)
  • O ditongo -oi- alterna con -ui-; terminacións -ín ou -iño (camín – camiño)
  • Terminación -is nas segundas persoas do plural verbais (cantais, chegais)

Área oriental de transición

  • Ditongo -ui- ou -u- (muito ou muuto)
  • Sufixo de NP -ndes ou -is (cantandes ou cantais)
  • Terminación de feminino -án
  • este(s), ese(s), aquel(s), el(es)

Bloque oriental

  • Ditongo -ua- (cuatro, guardar)
  • Alternancia de ditongos -oi-, -ui-, ou sen ditongo (muuto – mutio)
  • Formas con -x- (perda de -i-): caxa, baxar, faxa
  • Terminación -ín (camín, vecín) e -iño
  • Plural -is nas palabras rematadas en -l/-ás (área asturiana)
  • Formas verbais rematadas en -n na P1 do pretérito e futuro indicativo (cantein, cantarein, hein)
  • Forma -is como sufixo de NP das P5 (-i no imperativo): cantais, cantai

Áreas

Área asturiana

  • Terminación -íus, -ías
  • VT -i- na P2 do pretérito indicativo irregular (tuviche, dixeche)
  • Conservación do -l- intervocálico latino (avolo, molín)
  • Artigos determinados l', inde (úa)
  • Demostrativos etimolóxicos: estos, esos, aquelos
  • Posesivos: meu, tou, sou, mía, túa, súa
  • Pronome persoal átono en calquera posición

Área ancaresa

  • Vogais nasais
  • Gheada e cheísmo
  • Velarización de -i- nos tempos verbais regulares da 2.ª conxugación (colliu, collira, collise)
  • Ausencia do sufixo -n de NP da P1 do pretérito indicativo (collí, dixe, partí)

Área zamorana

  • Confusión de -oi- / -ou-
  • Ausencia de ditongo en muto e trura
  • Terminación -iño
  • Pronome átono o(s), a(s) tras verbo (seio, deixoua)
  • Ausencia de -n- na P1 do pretérito indicativo (collí, dixe, partí)
  • Teísmo

Área oriental-central

  • Ausencia de vogais nasais
  • Ausencia de terminacións -íu(s) / -ía(s) nos substantivos en -iño / -iña
  • Presenza de -n na P1 do pretérito indicativo (collín, fixen)
  • muito – muto – mutio; ditongo -ua-; pronome átono o(s), a(s)
  • Terminación verbal -is (cantais); presenza do pronome átono llelo(s)

Descargar

PDF Word HTML