Historia do Teatro Galego (1936-1976): Evolución e Autores
O teatro galego entre 1936 e 1976
O resultado da Guerra Civil orixinou un silencio editorial e literario en Galicia ata o ano 1950. O teatro non foi unha excepción: entre 1936 e 1952 só se publicaron tres obras: Non chores, Sabeliña!, Romance de cristiano e mouro na frangueira de Cabanillas e Viaxe perdido de Xosé Ibáñez. Aínda que os coros populares facían algunha representación pequena, a posta en marcha da Editorial Galaxia, coa súa revista Grial e a colección "Illa Nova", foi o punto decisivo no proceso de recuperación teatral.
1. Teatro de posguerra
Formado por autores nados arredor de 1910, como Blanco Amor (Farsas para títeres) e Cunqueiro (Isabel). Tratan o tema do absurdo e da angustia existencial desde unha perspectiva universal,...