Análise Temática: Eduardo Pondal e Curros Enríquez (Rexurdimento)

Outras linguas estranxeiras2,93 KB

Eduardo Pondal: Temas e Caracterización

Queixume dos Pinos: Caracterización e Contido

Observamos os seguintes elementos temáticos:

Elementos Temáticos

  • O celtismo constitúe un apartado decisivo no seu mundo poético.
  • Xorde a figura do bardo. O bardo é, pois, o poeta, o vate visionario cuxa misión reside en instruír e guiar o pobo. Porén, o labor do bardo non é sempre grato.
  • A voz da Natureza, o latexar da terra, configuran outro aspecto fundamental. O poeta participa de elementos de carácter simbolista.
  • Os seus versos transmiten sempre unha ética castrense. Dentro dela rexistramos un decidido aprecio por todos aqueles elementos que se refiran á virilidade, á enerxía, etc.
  • Pondal utiliza o emprego dun mesmo epíteto con capacidade de referencia: os «rumorosos» son sempre os piñeiros.

Os Eoas: Épica e Universalismo Pondaliano

En Os Eoas atopamos, daquela, un verdadeiro compendio do mundo poético pondaliano. Participando da tese de que Colón nace en Galicia, a través do heroe e da súa incomparable fazaña, Pondal une nun todo Galicia, España, Iberia e a vocación universalista de espallar o cristianismo na extensión dun novo continente.

Curros Enríquez: Poesía Social e Anticlericalismo

Aires da miña terra: Caracterización e Contido

Curros cría con firmeza na función social do poeta. Na súa estima, a obriga dos intelectuais consiste en permanecer ao lado do pobo, abríndolle os ollos, explicándolle a razón das inxustizas e amosándolle o camiño para superalas.

Aspectos Clave da Obra

  • A contraposición entre o atraso e o progreso. De aí a súa aposta decidida polo progreso material toda vez que con el terán que chegar a luz e máis a liberdade.
  • Excomungado pola Igrexa Católica a raíz do proceso levado adiante contra Aires da miña terra, Curros amosa ao longo da súa obra unha actitude decididamente anticlerical.
  • O poeta chega a botar man dun motivo folclórico apenas para introducir un ambiente que logo trata dende unha perspectiva social.
  • Ao longo de Aires da miña terra rexistramos un pequeno conxunto de textos de carácter intimista. Non obstante, mesmo nalgúns destes momentos, non deixan de xurdir en Curros as referencias contra a inxustiza.

O Divino Sainete: Sátira e Crítica Social

Silenciado pola crítica do seu tempo, O Divino Sainete constitúe un texto fundamental tanto na obra de Curros coma no conxunto das letras galegas. Ambos os dous deciden viaxar cara a Roma onde se celebra o xubileu do papa León XIII. Añón conduce a Curros polos vagóns dos tres pecados capitais nos que viaxan todos aqueles personaxes reaccionarios que conspiran contra a liberdade e o progreso.

Descargar

PDF Word HTML