Variedades Dialectais do Galego: Características e Clasificación
As variedades dialectais:Variedades dialectais: cada lingua presenta diferenzas en función da zona xeográfica onde se fale. Os principais trazos lingüísticos que introducen estas diferenzas son os seguintes:
Fonética
- A gheada é un fenómeno fonético que consiste na pronuncia do g como unha aspirada.
- O seseo é a inexistencia do son /O/ e a súa pronuncia como /s/. Cando isto se produce en posición inicial de sílaba chámase seseo explosivo e cando se produce a final de sílaba, seseo implosivo.
- A evolución das vogais nos grupos latinos -ULT-, -UCT-, -OCT- e -ORI- aínda dando oi no galego estándar presenta distintas solucións.
Morfoloxía
- A perda do -N- intervocálico provoca que para o plural dos nomes en -n no singular se dean varias posibilidades.
- A evolución das terminacións latinas -ANUM, -ANAS, -ANAM, -ANOS presentan 2 solucións maioritarias (-án para masculino e feminino e -ao para masculino e -á para feminino).
- Os demostrativos presentan 3 paradigmas: este/s, esta/s, esto; iste/s, ista/s, isto; e este/s, esta/s, isto.
- Pronome suxeito de terceira persoa de singular (el ou il) e de segunda persoa de singular (ti ou tu).
- A terminación verbal -des do galego estándar fronte a -is, -s e -ndes.
- No pretérito de indicativo hai variantes para a segunda e terceira persoas de singular.
Sintaxe
- Cheísmo (emprego do pronome che para obxecto directo e indirecto) e teísmo (uso do pronome te para acusativo ou para dativo).
Léxico
As diferentes áreas xeográficas tamén se poden caracterizar polo uso do léxico. Por exemplo, non se di cheirar en todos os lados.
Blokes e áreas dialectais
Hai 3 grandes blokes:
Occidental
Abrangue o ocidente da Coruña e Pontevedra. Está formado por 3 áreas:
- A Fisterrá: presenta seseo explosivo e cheísmo. Hai 2 zonas: a do norte, onde se utiliza o ditongo ui e a vogal temática i na terceira persoa do pretérito, e a do sur, onde se utiliza oi e a vogal temática e.
- Pontevedresa: ausencia do cheísmo, illósa que permite diferenciala da área Fisterrá. Hai 2 zonas: subárea (con ditongo oi, paradigma de deícticos este, esta, esto e vogal temática e na terceira persoa do pretérito) e microsubárea.
- Bergantiña: non hai seseo explosivo nin cheísmo e uso de oi na terceira persoa do pretérito e vogal temática i.
Central
Abrangue parte de Lugo, Ourense e a franxa interior de Pontevedra e Zamora. Hai 3 áreas:
- As áreas denominadas de transición.
- Lucu-Auriense: paradigma de deícticos iste, esta, esto; il no pronome suxeito de terceira persoa, oposición na vogal temática da terceira persoa do pretérito e a acentuación etimolóxica en cantabamos e cantaramos.
- Área Mondoniense: presenta os pronomes nosoutros e vosoutros, utilización da vogal e na terceira persoa do pretérito e na segunda e terceira conxugación e acentuación distinta nas formas verbais cantábades, etc.
Oriental
Abrangue o leste das provincias de Lugo, Ourense, etc.:
- Área oriental central (terminación -in en vez de -iño).
- Asturiana: mantén o -L- intervocálico latino, posúe a terminación -íus e -ías, artigo el, a, l´, presenta os posesivos meu/s, mía/s, etc. e oposición singular e plural no pronome lle/s e llo/llelo.
- Ancaresa: presenta gheada, palatalización do a tónico, cheísmo, vogais nasalizadas e demostrativos estos, esos, akelos.
- Zamorana: utilización do diptongo oi en vez de ou, terminación -iño fronte a -ín, pronome persoal lle-le para singular e plural, ausencia de ditongo en muto e truta e teísmo.
Cláusula
A cláusula é a unidade sintáctica que se sitúa por encima da frase. Caractérízase por ter predicado.
Cláusulas simples e complexas
- Simple: cando teñen un só predicado.
- Complexas: teñen máis dun predicado, son as que teñen outra ou outras cláusulas.
Cláusulas subordinadas substantivas
Poden realizar as mesmas funcións que un substantivo ou unha frase nominal, normalmente introducidas pola conxunción que.
Cláusulas subordinadas adxectivas
Poden ser substituídas por un adxectivo e desempeñan a función de modificador dun substantivo.
Cláusulas subordinadas adverbiais
Poden ser substituídas por un adverbio e realizan a función de CC ou de modificador. Clasifícanse en: locativas (de lugar), temporais (de tempo) e modais (de modo).