Cantigas Medievais Galegas: Amor, Amigo, Escarnio e Historiografía
Cantigas Medievais Galegas
Cantigas de Amigo
As cantigas de amigo son composicións nas que o poeta pon en boca dunha muller as penas de amor que esta dirixe ao seu amante. Tanto na cantiga de amor como na de amigo, o argumento fundamental é o amor non correspondido. A cantiga de amigo é un xénero autóctono, procedente dunha primitiva poesía oral que existiu no noroeste peninsular: bailada, mariña, de romaría.
A palabra amigo aparece nos primeiros versos das cantigas deste tipo. As cantigas de amigo máis antigas teñen un carácter plenamente autóctono, son monologadas e desenvólvense nun medio rural e doméstico. Desde o punto de vista formal, adoitan estar estruturadas en cobras de 2, 3 ou 4 versos con refrán ou mestría. Trazos característicos: paralelismo, leixaprén, refrán. A protagonista das cantigas de amigo é sempre unha doncela.
Personaxes: amiga, o amigo, nai, confidentes.
Algúns autores: Mendinho, Martin Codax, Johan de Cangas, Pero Meogo.
Cantigas de Amor
A cantiga de amor é un poema no que un home se dirixe a unha dona mostrando o seu amor por ela. Fronte ao que sucedía nas cantigas de amigo, o suxeito lírico é masculino. É poesía cortesá.
Clasificación: mestría e refrán.
Características: a identificación das cantigas de amor vén determinada pola aparición da palabra senhor nos primeiros versos. Desde o punto de vista formal, as cantigas de amor están estruturadas en 3 ou 4 cobras de 7, 8 ou 10 sílabas.
Os personaxes: senhor, namorado, miscradores.
Autores: Airas Nunes, Johan Airas, Don Denis.
Cantigas de Escarnio e Mal Dicir
Cantigas de escarnio (básanse na utilización de palabras de dobre sentido) e mal dicir (empregan palabras directas).
Clasificación: sátira sexual, social (burlas de vicios, costumes, defectos físicos, sátiras contra determinadas clases nobres ou relixiosos), xograresca (escarnios que se dirixen mutuamente trobadores e xograres nos que se denuncia falta de talento), política (cantigas contra determinados feitos históricos, como a covardía dos vasalos de Afonso X), moral (corrupción, perda de antigas virtudes), literaria (parodias doutro tipo de amor cortés).
Características: /
Autores: Afonso Eanes de Cotón, Pero da Ponte.
Historiografía Galega
A historiografía galega está formada por textos que tiñan unha finalidade propagandística. Algúns deles son traducións do castelán:
- Crónica Xeral Galega (finais do século XIII, tradución ao galego da Crónica General e da Crónica de Castilla).
- Crónica Galega de 1404 (escrita orixinalmente en galego).
- Crónica de Santa María de Iria (século XV, tradución ao galego de dous textos latinos: o Cronicon Iriense e a Historia Compostellana. Nela falábase do traslado do corpo de Santiago desde o porto de Iria, dos distintos bispos desta diocese e de diversas tribos xermánicas).
- General Estoria (século XIV, versión galega da obra castelá de Afonso X na que se narra o decorrer da historia desde a aparición do home ata o reinado deste monarca).
- Libros de Liñaxes (que fan referencia á xenealoxía das principais familias nobres de Portugal. Son catro libros; o último contén referencias a trobadores e outras personalidades galegas dos séculos XII-XIV, así como lendas de gran valor literario).
Haxiografía
O texto galego máis salientable é unha versión do Codex Calixtinus (manuscrito en latín do século XII) que se coñece como Miragres de Santiago (século XV), no que se inclúen diversos milagres, a expedición de Carlomagno a Hispania, a morte de Roldán en Roncesvales, a destrución de Xerusalén, a vida e morte de Pilatos, a descrición da catedral de Santiago, etc. A obra ten un carácter eminentemente propagandístico.