A Prosa do Primeiro Terzo do XX: Irmandades e Grupo Nós

Outras linguas estranxeiras2,54 KB

A Prosa do Primeiro Terzo do XX. As Irmandades e o Grupo Nós

Podemos destacar 3 promocións: narrativa, ensaio e xornalismo.

A. Os epílogos do Rexurdimento

Antón Villar Ponte, Lois Porteiro Garea e Xoán Vicente Viqueira representan o ensaio político onde fan propaganda do galeguismo.

As institucións nacionalistas agrupadas nas Irmandades tamén se preocuparon por crear canles de expresión adecuadas para iniciar o proceso de modernización da narrativa galega: a revista Nós, a colección editorial Céltiga, Editorial Lar…

B. O Grupo Nós

Grupo promotor (Cenáculo Ourensán): Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas. Castelao en estreita relación.

C. A achega dos “Novos” relacionados coas vangardas

Rafael Dieste.

1. A Revista Nós

Esta revista é a que lle dá nome ó grupo, e os seus redactores foron Otero Pedrayo, Risco, Castelao, Cuevillas e Antón Losada Diéguez.

1.1. O Grupo Nós

En sentido estrito forman o Grupo Nós, tamén chamado Cenáculo Ourensán, Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas, xa que presentan características en común:

  • Os 3 nacen en Ourense e no penúltimo decenio do s. XIX
  • Teñen unha cultura cosmopolita
  • Cada un deles ten unha obra autobiográfica onde falan da evolución do grupo: búsqueda por culturas alleas, de forma individual, ata que se percatan de que o que buscaban está en Galicia, converténdose ó galeguismo e traballando de forma conxunta. Estas 3 obras son:
  • Nós, os inadaptados de Risco (ensaio)
  • Arredor de si de Otero Pedrayo (novela)
  • Dos nosos tempos de Cuevillas (ensaio)
  • Teñen unha función didáctica (pretenden ensinar)

Incluiremos a Castelao neste grupo por ser un colaborador do Grupo Nós.

1.2. Autores

VICENTE RISCO: Obra narrativa

  • Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros: vida de ultratumba e cultura exipcia
  • O lobo da xente: lenda popular
  • A trabe de ouro e a trabe de alquitrán: lenda popular
  • A coutada: diálogo filosófico.
  • Os europeos en Abrantes: sátira contra as persoas e a sociedade de Ourense.
  • O porco de pé: cume da súa narrativa, representa a vulgaridade e materialismo dunha familia da nova burguesía en contraposición ó intelectualismo. É unha sátira contra as estructuras sociais; ten unha estética expresionista.

Descargar

PDF Word HTML