Poesía de vangarda galega: Autores e obras
A poesía de vangarda: Autores e obras
Características da vangarda
A vangarda é un movemento artístico innovador que se inicia en Europa no século XX, delimitado polas dúas guerras mundiais. O foco de irradiación é París, a Atenas do século XX.
As vangardas mundiais caracterízanse por:
- Actitude antirromántica e antisentimental.
- Percepción intelectual da realidade deshumanizada.
- Renovación absoluta do material poético.
- Innovación da linguaxe figurada.
- Liberdade absoluta no acto de creación.
As vangardas galegas
A poesía de vangarda galega presenta características moi peculiares. O vangardismo galego amósase como fenómeno individualizado, pero non independente do contorno europeo. Destaca o creacionismo, fundado por Vicente Huidobro.
A procura da arte pura, promovida dende fóra, e a vocación de servizo á patria, promoción de escritores nados nos arredores de 1900, que:
- Reciben o maxisterio dos máis vellos.
- Participan na causa nacionalista.
- Sérvense da lingua galega como vehículo exclusivo para a creación poética.
- Reciben influencias do cubismo, creacionismo e ultraísmo.
A vangarda galega diferénciase da mundial no respecto á tradición e no culto ao sentimento. O poeta máis innovador foi Manuel Antonio.
- Neotrobadorismo: escola de signo conservador que xorde tendo como modelo os cancioneiros medievais.
- Hilozoísmo: escola conservadora, descubrimento dun latexar na paisaxe e na innovación.
- Creacionismo: representado exclusivamente por Manuel Antonio, que foi a figura máis importante da vangarda galega.
Os poetas vangardistas servíronse inicialmente das revistas Alfar, que se iniciou na Coruña en 1920, e Ronsel.
O Neotrobadorismo
Iníciase en 1933 coa publicación de Nao senlleira, de Fermín Bouza Brey, e remata en 1953 co Cancioneiro de Monfero, de Xosé María Álvarez Blázquez.
É unha escola de vangarda que se afasta en boa medida da liña xeral deste movemento en tanto que a súa característica máis destacada é o culto á tradición, consecuencia do espírito nacionalista, que propiciaba a defensa da arte pura.
A temática saudosa, cortés e mariñeira, as estrofas paralelísticas, o leixaprén e o refrán, e os máis refinados recursos estilísticos dos vellos trobadores revitalizáronse por poetas como Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama Ribeira) e Xosé María Álvarez Blázquez.