Evolución do Teatro e da Literatura Catalá
Evolución do teatro catalán contemporáneo
A partir de 1975, a labor e función do autor teatral diluíronse na construción espectacular colectiva. O teatro desentendeuse da palabra «dramática». Os protagonistas eran agora os directores, a expresión corporal e a imaxe, e as técnicas de traballo colectivo. Destacamos grupos coma Els Joglars, Els Comediants e La Fura dels Baus.
Cara a finais dos oitenta, este estado de cousas comezou a cambiar. O Lliure estreado textos de Benet i Jornet; o Centro Dramático de Rodolf Sirera. E apareceron todo un regueiro de dramaturgos novos: Sergi Belbel, Jordi Galceran, Lluïsa Cunillé... A palabra revalorízase como un elemento clave da representación teatral. Impóñense novos modelos como Beckett...