Nacionalismo e Liberalismo: Historia do Século XIX

Maxisterio4,16 KB

Nacionalismo e Liberalismo

Cambios políticos e sociais

Na restauración do Congreso de Viena había persoas que querían as ideas da Revolución Francesa e eran chamadas liberais.

Ideas clave

  • Organizáronse sociedades secretas porque eran perseguidos; unha das máis coñecidas foi a Francmasonería.
  • O romanticismo busca os sentimentos pero tamén as cousas antigas e, cando ten relación coa política, aparece o nacemento do nacionalismo.

As ondas revolucionarias

En 1815 xorden revolucións liberais: xente que se sente parte dunha nación, pero non dun imperio, e quere saír del para crear un novo estado.

O Congreso de Viena de 1815: Alemaña estaba dividida en 38 estados, e Italia tamén. A diferenza dos gregos, que están dentro do Imperio Turco e queren un estado para ser só gregos. Os liberais queren implantar as ideas da Ilustración.

Os francmasones eran persoas que se reunían para dar un golpe de estado, eliminar o Antigo Réxime e implantar as ideas liberais. Era unha organización armada para eliminar o absolutismo.

En España, estas revolucións duraron moi pouco e desenvólvense en 1820 (Trienio Liberal). Góbernase coa Constitución de 1812. Fernando VII contrata os servizos da Santa Alianzas e do exercito dos Cen Mil Fillos de San Luis para poñer fin á revolución.

En 1830 xorde unha segunda onda en Francia, onde se rompe co absolutismo e proclámase unha constitución.

Bélxica non quere formar parte de Holanda e consegue a independencia. Polonia, que estaba dentro do Imperio Ruso, quere ter o seu propio estado; revélanse pero fracasan.

A partir de 1830, comezan a haber sistemas constitucionais na Europa occidental que rompen co absolutismo (todas as restauracións son imposibles).

Este feito provoca que a burguesía faga a revolución: liberalismo moderado. Non son demócratas, só defenden os seus intereses; queren acabar co Antigo Réxime e implantar un sistema liberal, pero sen que sexa unha democracia.

En 1848 a restauración lquídanse en todas partes agás en Rusia. O feudalismo liquidase en toda Europa occidental, agás en Rusia.

A Primavera dos Pobos

A Primavera dos Pobos ocorre cando xente que estaba nun imperio xa non se sinte parte del e quere a independencia. O Imperio Austríaco está a piques de derrubarse en 1848. Para impedir a independencia de Hungría, creouse o Reino de Hungría.

A Unificación de Italia

A xente de Italia sentíase italiana e quería ter unha nación e un estado, non moitos estados unidos. O líder deste movemento foi Mazzini, quen quere crear a Xove Italia, unha república italiana con homes libres e iguais. Como Mazzini é utópico, hai xente que tamén quere unha nación pola vía militar.

Cavour, primeiro ministro de Victor Manuel, consegue que Italia se unifique; declara a guerra a Austria coa axuda de Francia. Garibaldi, seguidor de Mazzini, conquista todo o Reino de Italia. Queda media Italia para el e a outra media para Victor Manuel. Entón, Garibaldi decide ceder toda a súa parte a Victor Manuel. Porén, quedan os Estados Pontificios, que son do Papa; Victor Manuel conquista todo menos o Vaticano, xa que non quere conquistalo por completo.

A Unificación de Alemaña

Alemaña estaba dividida en moitos estados e un dos máis importantes era Prusia. A xente foi falar co rei de Prusia, Federico Guillerme IV, para ofrecerlle ser o rei da unificación, pero el insúltaos porque non quere sero, polo que fracasan.

Prusia ten un chanceler, Otto von Bismarck, que será o Cavour alemán. Bismarck liberta guerras e, a partir de aí, comeza a eliminar os pequenos estados; todo queda xunto con Prusia e comeza o Segundo Reich, que durará ata a Primeira Guerra Mundial (o Terceiro Reich faríao despois Hitler).

Descargar

PDF Word HTML