Análise do poema de Curros Enríquez dedicado a Rosalía de Castro
Este poema foi escrito por Curros Enríquez no s. XIX. O poeta naceu en Celanova, Ourense. Tivo unha vida marcada por acontecementos significativos: fuxiu a Madrid escapando dun pai autoritario e violento; foi exiliado a Londres por asinar un artigo xornalístico; e marchou a Cuba fuxindo dunha vida complicada, con persecucións políticas, enfrontamentos coa igrexa e a perda da nai e de tres fillos.
Na Habana, fundou unha sociedade que serviría de modelo para a posterior creación da Real Academia Galega na Coruña, presidida por Manuel Murguía. Curros Enríquez foi homenaxeado en vida e acadou numerosos recoñecementos.
Este poema pertence a Aires da miña Terra, unha obra que xerou un grande escándalo ao ser considerada blasfema e herética....