Guía literaria: Follas Novas e Cantares Gallegos de Rosalía de Castro
Resumo
O texto presenta dous poemarios de Rosalía de Castro: Cantares gallegos (1863) e Follas Novas (1880). Recolle as súas características métricas, temáticas e estruturais, así como a división de Follas Novas en cinco partes. O estudante aprenderá a diferenciar as dúas obras e os seus principais rasgos.
Puntos clave
- Cantares gallegos (1863) é unha obra reivindicativa que canta os costumes do pobo galego e defende a lingua galega.
- Cantares gallegos combina formas populares de arte menor cunha métrica máis innovadora no ritmo e nos acentos.
- Follas Novas (1880) é un poemario metricamente innovador que anticipa a renovación posterior dos modernistas.
- Follas Novas combina poesía social e poesía intimista, cos temas da sociedade galega e o eu existencial da autora.
- Follas Novas está dividida en cinco partes: Vaguedás, Do íntimo, Varia, Da Terra e As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos.
- A estrutura de Cantares gallegos abre cun poema no que se pide a unha rapaza que cante e pecha con outro no que ela declara que cumpriu o encargo.
Introdución
Ola, que tal? Espero que ben. Teño que ir deixando. TQQQ, meu anxel!!
Segundo poemario: Follas Novas (1880)
Trata de asuntos distintos empregando diferentes procedementos expresivos e de perspectiva. A obra salienta pola súa métrica, os seus temas e a súa estrutura.
Características principais
- Métrica: Metricamente, o libro resulta moi innovador, xa que a autora experimenta con novas combinacións métricas que se anticipan á renovación que, anos máis tarde, levarían a cabo os modernistas.
- Temas: Adóitase falar de dous grandes temas que se desenvolven no libro: a sociedade galega e o eu existencial da autora. Trátase dunha combinación de poesía social e poesía intimista, mais tamén se podería falar dun pequeno grupo de poemas populares semellantes aos de Cantares gallegos.
Estrutura do libro
O libro está dividido en 5 partes:
- Primeira parte: Vaguedás: Funciona como un prólogo poético. As 20 composicións que conforman esta parte están vinculadas ao eu íntimo da poeta.
- Segunda parte: Do íntimo: Tamén está vinculada co eu íntimo da poeta, como se albisca no mesmo título. Diversifícanse os suxeitos que interveñen nos poemas; aparecen todas as alteridades de Rosalía de Castro.
- Terceira parte: Varia: Presenta múltiples realidades, tanto polas actitudes como polos problemas que amosa. Aparecen diversos suxeitos líricos diferentes do eu da poeta.
- Cuarta parte: Da Terra: Neste apartado teñen protagonismo tanto os labregos coma a muller traballadora galega.
- Quinta parte: As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos: Céntranse nas clases populares.
Primeiro poemario: Cantares gallegos (1863)
Análise da obra
- Métrica: Combínanse as formas populares de arte menor cunha métrica máis innovadora no tocante ao ritmo e á distribución dos acentos.
- Temas: É unha obra reivindicativa. Nela desexa cantar os costumes dun verdadeiro pobo, procura expresar a inxustiza con que se trata a Galicia e a súa marxinación e, asemade, pretende defender unha lingua menosprezada ao longo dos séculos. Tamén aparecen temas como a muller, a natureza, a soidade…
- Estrutura: Estrutúrase a partir dun poema inicial no que se lle pide a unha rapaza que cante e outro final no que a moza declara que cumpriu o que se lle pediu. No resto dos poemas, a rapaza desaparece e cede a voz a múltiples personaxes, xeralmente de carácter popular.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Cal é a diferenza temática entre Cantares gallegos e Follas Novas?
Cantares gallegos é unha obra reivindicativa que canta os costumes populares e defende a lingua galega. Follas Novas combina a poesía social sobre a sociedade galega coa poesía intimista sobre o eu da autora.
En que se divide Follas Novas?
O libro está dividido en cinco partes: Vaguedás, Do íntimo, Varia, Da Terra e As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos. Cada unha ten un enfoque temático distinto.
Ponte á proba
Tarxetas de repaso
Preme nunha tarxeta para ver a resposta.
Test
Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.