Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: vida, obra e temas do Rexurdimento

Lingua e literaturaActualizado o 4,18 KB

Resumo

O texto presenta a vida e a obra de dous autores fundamentais do Rexurdimento galego: Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. Recolle as etapas poéticas de Pondal, as súas obras Queixumes dos Pinos e Os Eoas, e a obra social, intimista e satírica de Curros, como Aires da miña terra e O Divino Sainete. Permite entender a evolución e os temas principais de ambos os poetas.

Puntos clave

  • Eduardo Pondal (Ponteceso 1835 - A Coruña 1917) estudou Bacharelato e Medicina en Santiago de Compostela e participou no Banquete de Conxo.
  • Pondal evoluciona da tendencia romántica (Os Eoas, A Campana de Anllóns) á etapa do bardismo pondaliano (Rumores dos Pinos, Queixumes dos Pinos).
  • Queixumes dos Pinos (1866) supón o paso de Pondal ao monolingüismo en galego e ten unha estrutura pechada que comeza e remata de xeito semellante.
  • Manuel Curros Enríquez (Celanova 1851 - A Habana 1908) gañou en 1877 un certame literario en Ourense e tivo a súa consolidación coa publicación de Aires da miña terra en 1880.
  • Aires da miña terra aborda temas sociais e agraristas, como o reparto inxusto da terra e a miseria dos labregos, e rexeita a poesía intimista por egoísta.
  • O Divino Sainete (1888) é unha obra satírica e anticlerical que critica o negocio das peregrinacións ao Xubileu convocado por León XIII, e inicia a liña satírica na literatura culta en galego.

Ponte á proba

Eduardo Pondal

Vida e Obra (Ponteceso 1835 - A Coruña 1917)

Nace no seo dunha familia acomodada. Estuda Bacharelato e Medicina en Santiago de Compostela, onde comezan as súas inquedanzas galeguistas e participa no Banquete de Conxo, un acto progresista de obreiros e estudantes.

Obra

  • 1ª etapa: Tendencia romántica e sensible influencia clasicista. Os Eoas e A Campana de Anllóns.
  • 2ª etapa: Época do rexionalismo e época do bardismo pondaliano, na que o poeta asume o papel do bardo galego e sente como propio o compromiso de difundir, mediante o seu canto poético, a ideoloxía galeguista baseada no recente creado mito do celtismo. Pertencen Rumores dos Pinos e Queixumes dos Pinos.

Queixumes dos Pinos (1866)

Despois de Rumores dos Pinos, Queixumes dos Pinos supón o paso de Pondal ao monolingüismo en galego, ademais de recrear nesta obra un mundo poético propio.

Estrutura

  • Comeza co canto dun bergantiñán que lembra a servidume da patria.
  • Os poemas non teñen título, o que lle dá ao libro o carácter de texto único a modo de canto.
  • Remata dun xeito moi semellante ao comezo, polo que podemos dicir que o libro ten unha estrutura pechada. Ademais, o derradeiro poema ten unha clara intención patriótica.
  • Con posterioridade, Pondal escribiría outros poemas que en futuras edicións se engadirían a Queixumes dos Pinos, como é o caso de “Os pinos”.

Temas

O bardo, a defensa da lingua e a paisaxe.

Os Eoas (2005)

Poema épico que reflicte o pensamento dos anos mozos, próximo ao segundo provincialismo. Destaca pola súa consolidación do galego e pola conformación dunha epopea nacional.

Manuel Curros Enríquez

Vida e Obra (Celanova 1851 - A Habana 1908)

Nado en Celanova en 1851, abandona a súa casa aos 15 anos por mor do autoritarismo do seu pai. Marcharía para Ourense e máis tarde remataría o Bacharelato en Madrid, onde comezaría os estudos de Dereito.

En 1877 gaña un certame literario en Ourense coas composicións “Unha voda en Einibó”, “O gueiteiro” e “A Virxe do Cristal”, o que lle daría certa sona como poeta, sona que aumentaría trala publicación de Aires da miña terra en 1880.

Aires da miña terra (1880)

Temas

  • Social: O poeta expón abertamente a súa ideoloxía, defensor do progreso e da liberdade. Oponse á política da Igrexa e da Administración de Xustiza. O poeta observa a situación miserenta dos labregos e as súas causas (reparto inxusto da terra, pago de foros, abandono do campo, aranceis moi altos sobre produtos necesarios coma o sal...) dende unha perspectiva agrarista.
  • Intimista: Curros considera que a poesía intimista é egoísta.
  • Costumista.

O Divino Sainete (1888)

É unha obra de forte contido crítico e satírico de orientación anticlerical e progresista. Curros aproveita que o Papa León XIII convocara un Xubileu a Roma, ofrecéndolles indulxencias a quen peregrinase a Roma ese ano, para criticar o negocio das peregrinacións.

O Divino Sainete inicia a liña satírica na moderna literatura culta en galego.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cales son as etapas poéticas de Eduardo Pondal?

Pondal pasa por unha primeira etapa de tendencia romántica e influencia clasicista, con Os Eoas e A Campana de Anllóns, e unha segunda etapa de rexionalismo e bardismo, con Rumores dos Pinos e Queixumes dos Pinos.

Que temas trata Aires da miña terra de Curros Enríquez?

Trata temas sociais e de denuncia, como a miseria dos labregos, o reparto inxusto da terra, os foros e os aranceis sobre produtos básicos, desde unha perspectiva agrarista.

Por que é importante O Divino Sainete?

É unha obra satírica e anticlerical que critica o negocio das peregrinacións ao Xubileu de Roma e inicia a liña satírica na moderna literatura culta en galego.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. En que ano publicou Curros Enríquez Aires da miña terra?
2. Que obra marca o paso de Pondal ao monolingüismo en galego?
3. Que criticaba Curros en O Divino Sainete?
4. Onde gañou Curros Enríquez un certame literario en 1877?
5. Que etapa de Pondal corresponde a Rumores dos Pinos e Queixumes dos Pinos?
6. Que postura tiña Curros sobre a poesía intimista?
7. En que cidade faleceu Manuel Curros Enríquez?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.