Ramón Cabanillas: vida, obra e etapas literarias

Lingua e literaturaActualizado o 3,02 KB

Resumo

O documento presenta a vida e a obra de Ramón Cabanillas, nado en Cambados en 1876 e considerado un dos poetas máis importantes da literatura galega. Recolle as etapas da súa produción poética e teatral, desde o pregaleguismo ata a posguerra. Permite coñecer as súas temáticas, a súa estética e as obras máis destacadas de cada período.

Puntos clave

  • Ramón Cabanillas naceu en Cambados en 1876 e é un dos poetas máis importantes da literatura galega.
  • A súa estética combina elementos tradicionais e procedentes do modernismo hispanoamericano.
  • Etapa pregaleguista (1910-1915): obras como "No desterro", "Visión gallegas" e "Vento mareiro", con temática de nostalxia e denuncia da miseria dos labregos.
  • Etapa galeguista (1916-1920): "Da terra asoballada" e a poesía de compromiso civil, con Galicia como suxeito central.
  • Etapa místico-saudosista (1921-1930): "Na noite Estrelecida", con linguaxe simbólica e misticista, e teatro como "O mariscal".
  • Etapa da posguerra (1939-1959): "Antífona da cantiga", "Versos de alleas terras e tempos idos", "Da miña zanfona" e "Samos".

Ponte á proba

Ramón Cabanillas: Vida e Obra Literaria

Ramón Cabanillas nace en Cambados en 1876. Acadou o maior éxito nos anos 20 e participou nas principais empresas galeguizadoras, desde o Seminario de Estudos Galegos ata publicacións como “A Nosa Terra”, “Rexurdimento”, etc. Cabanillas é considerado como un dos poetas máis importantes da historia da literatura galega. A súa obra é moi rica e nela incorpora rexistros e temáticas pouco frecuentadas. A súa estética ten dous elementos básicos: os elementos tradicionais e os procedentes do modernismo hispanoamericano.

Etapas da Obra de Ramón Cabanillas

  • Etapa Pregaleguista (1910-1915)

    Na emigración, Cabanillas publica os seus primeiros libros, “No desterro”, “Visión gallegas” e “Vento mareiro”, moi parecidos esteticamente. A temática dos poemas expresa a nostalxia do desterrado. Ademais, Cabanillas denuncia os males do foro e a miseria dos labregos. Así, publica poemas como “A Basilio Álvarez”, “Acción Galega”, “A un cacique”, etc.

  • Etapa Galeguista (1916-1920)

    Nesta etapa destaca a obra “Da terra asoballada” e a segunda edición de “Vento mareiro”. Nesta etapa, Cabanillas asume o papel de poeta civil e Galicia pasa a ser o suxeito da súa poesía. Transmite as ideas centrais que caracterizan o discurso político das Irmandades e nos seus poemas loa a Rosalía e Pondal. Nesta etapa escribe tamén a obra teatral “A man de Santiña”.

  • Etapa Místico-Saudosista (1921-1930)

    Nesta etapa, Cabanillas leva a cabo unha reconstrución mítica do pasado nacional. Escribe “Na noite Estrelecida”, composta por tres poemas narrativos: “A espada Escalibor”, “O cabaleiro do Sant Grial” e “O sono do rei Artur”. Nesta obra emprega unha linguaxe simbólica e misticista. Nesta época tamén aparecen poemas soltos en xornais e revistas que máis tarde se recolleron no libro “Camiños no tempo”. Tamén nesta década escribe as obras teatrais “O mariscal”, “O bendito San Amaro” e “A rosa de cen follas”, coa axuda de Antón Vilar Ponte.

  • Etapa da Posguerra (1939-1959)

    Nesta época escribe “Antífona da cantiga” e “Versos de alleas terras e tempos idos” e dá a coñecer dous poemarios orixinais: “Da miña zanfona” e “Samos”.

O Teatro de Ramón Cabanillas

En canto ao teatro de Cabanillas, a súa obra máis importante é “O mariscal”. Tamén destaca a comedia “A man de Santiña”, que conseguiu elevar o galego en escena á categoría de idioma rico, fermoso e flexible.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cales son as etapas da obra de Ramón Cabanillas?

A obra de Cabanillas divídese en cuatro etapas: pregaleguista (1910-1915), galeguista (1916-1920), místico-saudosista (1921-1930) e da posguerra (1939-1959).

Cal é a obra teatral máis importante de Ramón Cabanillas?

A obra teatral máis importante é "O mariscal". Tamén destaca a comedia "A man de Santiña", que elevou o galego en escena á categoría de idioma rico, fermoso e flexible.

Que temática tratan os primeiros libros de Cabanillas?

Os primeiros libros, publicados na emigración, expresan a nostalxia do desterrado e denuncian os males do foro e a miseria dos labregos.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. En que ano naceu Ramón Cabanillas?
2. Cal é o libro que caracteriza a etapa místico-saudosista?
3. Cal dos seguintes poemas pertence á etapa pregaleguista?
4. Que obra escribe Cabanillas na etapa galeguista?
5. Con quen colabora Cabanillas nas obras teatrais da etapa místico-saudosista?
6. Que elementos conforman a estética de Cabanillas?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.