Causas e características da Segunda Guerra Mundial
Causas e características da guerra
1 de setembro de 1939 iniciábase a Segunda Guerra Mundial, o conflito bélico máis importante da historia. As causas da guerra foron moi variadas:
- Entre as causas xerais destacan o espírito de desquite que produciu a Primeira Guerra Mundial, a aparición das ideoloxías totalitarias, o auxe do militarismo, o empobrecemento xeral e as secuelas da crise de 1929.
- Entre as causas inmediatas sobresaen a política imperialista de Alemaña, Italia e Xapón, e a ineficacia da Sociedade de Nacións ante feitos como a anexión alemá de Austria e Checoslovaquia (1938-1939).
O conflito durou case seis anos (1 de setembro de 1939 - 5 de agosto de 1945), e nel loitaron dous bloques liderados, un por Gran Bretaña e Francia (as potencias occidentais ou aliados) e o outro por Alemaña e Italia (as potencias do Eixe). Coa incorporación, en 1941, da URSS, Estados Unidos e Xapón, o conflito converteuse nunha verdadeira guerra mundial.