O Movemento Obreiro e a Conflictividade Social (S. XIX)
Conflictividade Social e Movemento Obreiro
As condicións de vida da clase traballadora
Os principios liberais de contratación e salarios, o interese da burguesía por obter os máximos beneficios e a falta de regulamentación laboral fixeron que os traballadores industriais estivesen sometidos a duras condicións de traballo, caracterizadas por:
- Longas xornadas de traballo.
- Baixos salarios.
- Ausencia de dereitos.
- Sometemento ao ritmo da maquinaria.
O emprego de man de obra infantil e feminina foi moi abundante, pois o menor salario que recibían animou a súa contratación.
A reacción contra as máquinas: o ludismo
As primeiras protestas en España aconteceron en paralelo cos inicios da industrialización e a introdución das máquinas. Os obreiros...