Glosario de Termos Históricos e Relixiosos Medievais
Oligarquía
Forma de goberno na cal o poder político é exercido por un reducido grupo de persoas que pertencen a unha mesma clase social.
Emporio
Poboado ou cidade onde concordan xentes de diversas procedencias para establecer relacións comerciais.
Ariano
Seguidor de Arrio, o bispo do norte de África, que consideraba que Xesús non era Deus senón unha creación deste; así, Xesús só sería un home.
Concilio
Asemblea dos bispos da Igrexa Católica que ten capacidade para definir e interpretar a doutrina relixiosa.
Mozárabe
Chámase así a persoa que é cristiá pero que vive en territorio musulmán.
Muladí
Chámase así ao cristián convertido ao Islam.
Parias
Era un tributo que pagaban os reinos musulmáns a algúns reis cristiáns coa finalidade de obter protección militar e non seren atacados. Estivo vixente desde o século XI ata o século XV.
Pogromo
Chámase así o tumulto violento que consistía no asasinato de persoas e a destrución das súas propiedades contra un grupo étnico, relixioso, etc., especialmente contra os xudeus.
Mihrab
Nicho baleiro situado no muro da quibla.
Quibla
Chámase así ao muro orientado cara á Meca na sala de oración das mesquitas.
Ordes militares
Corporacións relixiosas formadas por monxes e soldados; os seus membros mantiñan os votos propios das ordes monásticas.
Espírito de cruzada
Espírito de loita relixiosa que eclosionou na Plena Idade Media entre os reinos cristiáns europeos que se sentían ameazados polo expansionismo musulmán.
Campesiños de remença
Eran campesiños suxeitos á terra e á servidume. A remença era o pago que os campesiños tiñan que efectuarlle ao seu señor para poder abandonar a terra.
Estamento
Cada un dos grupos en que se dividía a sociedade medieval.
Morgado
Institución que aparece na Idade Media pola cal gran parte das propiedades dunha familia nobre pasan herdadas a un fillo e non poden ser vendidas nin divididas.
Feudalismo
Sistema de organización social e económica baseado na existencia dunha economía pechada, de base agraria, etc. A posesión da terra define a división social.
Repoboación
Acción de poboar territorios con novos habitantes.
Alférez
Cargo da corte coa función de levar o estandarte do rei.
Mordomo
Cargo da corte encargado da organización e administración da Casa Real.
Cortes
Reunións convocadas polo rei para discutir e votar principalmente as peticións económicas do rei.
Foros
Conxunto de usos e costumes convertidos en lei dun reino ou liberdades, privilexios e normas concedidas a unha localidade durante o proceso de repoboación.
Honrado Concello da Mesta
Organización de gandeiros transhumantes que alcanzou un gran poder social e político en Castela durante a Idade Media e a Idade Moderna.
Malos usos
Expresión que se usa para definir algunhas obrigas feudais que tiñan os servos respecto do seu señor.
Beato
Manuscrito medieval xeralmente ilustrado onde se copia o libro do Apocalipse de San Xoán.
Escritorio
Dependencia do mosteiro onde os monxes se dedicaban a copiar, etc.
Escolas catedralicias
Centros de ensino que se formaban arredor das bibliotecas das catedrais.
Encomenda
Dignidade dotada de renda e xurisdición que se lles outorgaba aos cabaleiros das ordes militares.
Sefardí
Xudeu descendente dos xudeus españois desterrados no século XV.