O Sexenio Democrático (1868-1874): Liberalismo e República

Historia2,91 KB

O Sexenio Democrático (1868-1874): A Gloriosa

Temos catro textos propostos para comentar sobre o período do Sexenio Democrático (1868-1874), tamén coñecido como A Gloriosa. Neste período expúlsanse os Borbóns do trono de España, permitindo así conseguir un novo sistema político, coñecido co nome de liberalismo democrático.

Principios Fundamentais do Liberalismo Democrático

O liberalismo democrático baséase nos seguintes principios (apreciables no Texto 1):

  • A soberanía popular: O poder recae na vontade dos seus cidadáns.
  • A participación popular: Aparece o sufraxio universal (só os homes teñen dereitos políticos e poden votar aos diferentes candidatos).
  • A separación de poderes: O poder lexislativo posúeno as Cortes e o poder executivo posúeo o Rei ou o Presidente da República.
  • Recoñecemento de dereitos e liberdades.
  • O libre cambio do goberno.
  • A liberdade relixiosa.

A Revolución de 1868 e a Constitución de 1869

Dito movemento iniciouse en Cádiz co pronunciamento das tropas da Mariña. As tropas de Isabel II foron derrotadas en Córdoba, polo que esta tivo que exiliarse. Neste momento establécese un Goberno Provisional no que se elabora a Constitución de 1869.

A Constitución de 1869 defendía os trazos do liberalismo democrático, que eran (sinalados no Texto 2):

  • A soberanía popular.
  • A monarquía como forma de goberno.
  • A separación de poderes.
  • Os dereitos e liberdades.
  • A liberdade relixiosa.

O Reinado de Amadeo I e a Crise Monárquica

Amadeo I acepta a Coroa coa condición do cumprimento da nova Constitución, pero este non se atopaba apoiado por ningún dos altos cargos. Se a isto lle sumamos o asasinato do Xeneral Prim nun atentado, queda sen ningún apoio.

Pero isto só foi o comezo dos seus problemas, pois a estes seguíronlle:

  • A ruptura cos xefes do goberno.
  • A Guerra de Cuba (Guerra dos Dez Anos).
  • A Terceira Guerra Carlista.
  • A oposición republicana.

Ante todos estes problemas, Amadeo I decide renunciar ao trono de España e entón proclámase a República Española. Todos estes sucesos vémolos reflectidos no Texto 3.

A Primeira República Española (1873-1874)

A República nace no ano 1873 como resultado do fracaso da monarquía. Nesta República aparecen grandes diferenzas entre republicanos e demócratas. Neste momento establécese unha constitución federal, formada por 17 estados federados que dependen da Xefatura do Estado, que é a que ten o poder lexislativo.

En 1874, as Cortes son disoltas por un golpe militar encabezado polo Xeneral Serrano.

Descargar

PDF Word HTML