Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Filosofía e ética de Secundaria

A Dama da Xustiza e os principios da equidade e imparcialidade

Filosofía e éticaActualizado o 2,65 KB

A Dama da Xustiza é unha personificación alegórica do principio moral que consiste en dar a cada un o que lle pertence. Xustiza: Recoñecemento dos dereitos e dos méritos dunha persoa. A balanza simboliza a obxectividade dos argumentos das partes que se enfrontan nun xuízo. A venda nos ollos é símbolo da imparcialidade coa que se debe resolver un xuízo.

Equidade: calidade de quen ou do que é equitativo || Equitativo: que dá a cadaquén o que lle pertence, que xulga ou trata aos demais de acordo cos seus méritos. Independente: que é libre, que non está suxeito a vínculos de ningún tipo, que non depende dunha persoa ou cousa. Imparcial: que xulga ou actúa buscando a verdade, sen deixarse influír polas súas simpatías ou por intereses/...

Seguir lendo "A Dama da Xustiza e os principios da equidade e imparcialidade" »

Uso de se, te e che, preposicións, conxuncións e adverbios en galego

Filosofía e éticaActualizado o 3,78 KB

USO DE SE

-Reflexiva: María lavouse -Recíproca: Juan e Pedro abrazáronse

-Voz Media: A porta pechouse despacio

-Verbos Pronominais: O rapaz abandonouse moito

-Pasiva Reflexa: Alúganse baixos comerciais  -Activa Impersoal

USO DE TE e CHE

Pasar A oración a 3ª persoa:

-Si Usas O/A debes Usar TE-Si Usas LLE Debes usar CHE

Preposición: A, agás, ata, bardante(excepto), cas, con, contra, de , deica, dende ,desde, durante , en ,entre, excepto,fóra, malia, mediante, para, Perante, por, quitando, sacando, salvo, segundo, sen ,senón,sobre, Tras

Locucións Preposicionais: á carón De, a carón de, a diferenza de , a par de , a pesar de, a prol de, a Rente de, a respecto de, acerca de , alén de( o outro lado de), Antes de , ao redor de , cabo de ,...

Seguir lendo "Uso de se, te e che, preposicións, conxuncións e adverbios en galego" »

O Mito da Caverna de Platón: Realidade e Coñecemento

Filosofía e ética3 KB

O Mito da Caverna e o Mundo das Ideas

O mito da caverna mostra que aquilo que percibimos cos sentidos (o mundo sensible) non é a verdadeira realidade, senón unha copia ou ilusión. Platón quere demostrar a existencia dun mundo máis verdadeiro, o mundo das ideas, onde se atopan as formas perfectas de conceptos como a beleza, a xustiza ou a bondade.

No mito, os prisioneiros están encadeados nunha caverna e só ven sombras na parede, crendo que esas sombras son a realidade. Cando un se libera e sae ao exterior, a luz do sol ao principio deslúmbrao, pero logo comprende a verdadeira realidade. O sol representa o ben e a verdade. Ao volver á caverna, os demais non lle cren e acábano matando.

A Estrutura do Fragmento

Platón amosa que aceptar...

Seguir lendo "O Mito da Caverna de Platón: Realidade e Coñecemento" »

Dicionario de Termos Galegos: Vocabulario Esencial

Filosofía e ética6,66 KB

Explora e aprende o significado de diversas palabras e expresións da lingua galega. Unha guía completa para enriquecer o teu léxico e comprender mellor o galego cotián.

Escintilar
Brillar de maneira intermitente, con intensidade e cor variable.
Trousar
Lanzar pola boca [algo que estaba contido no estómago].
Van
Que só se preocupa de cousas sen importancia.
Transexual
Persoa que ten a convicción de pertencer ao sexo oposto.
Carrapicho
  • Peiteado que se fai entretecendo tres ou máis guechos de pelo.
  • Trenza.
Rifar
Decidir, mediante un procedemento no que intervén o azar, a quen lle vai tocar [algo].
Laio
Acción e efecto de laiar ou laiarse.
Matutina
Que ten lugar durante as horas da mañá.
Balbordo
Ruído de moitas voces xuntas.
Quenda
Tempo en que lle corresponde
...
Seguir lendo "Dicionario de Termos Galegos: Vocabulario Esencial" »

''o coñecemento teorico''

Filosofía e ética3,59 KB

-Percepción: facultade de coñecmento que nos pon en contacto coa realidade e permítenos construír representacións desta a partir dos datos que nos proporcionan os nosos sentidos.

-Memoria: facultade de coñecemento que nos permite reter e recordar nun futuro as imaxes que a percepción nos proporciona posibilitando o aprendizaxe e a construción da nosa propia identidade.

-Imaxinación: capacidade de representar mentalmente situacións que non existen. Hai dous tipos:

·Reprodutora: representa a realidade.

·Creadora: recrea un mundo diferente ao real.

-Intelixencia: é a capacidade que nos permite procesar a información e comprendela.

-Abstración: proceso que nos permite pasar do coñecemento dos obxectos concretos que nos proporciona a percepción...

Seguir lendo "''o coñecemento teorico''" »

Teorías da Xustiza: Evolución Histórica e Correntes Clave

Filosofía e ética4,28 KB

Teorías da Xustiza: Unha Visión Histórica

1. Idade Antiga

Platón e a Xustiza na República

Platón expón na República o ideal de sociedade perfecta. A sociedade xusta sería aquela na que cada quen realizase a función que lle corresponde. O autor divide a alma humana en tres partes:

  • Racional: Situada na cabeza, ten como función gobernar as outras dúas.
  • Irascible: Situada no peito, é a fonte das paixóns nobres, como a valentía.
  • Concupiscible: Situada no ventre, é a fonte das paixóns (desexos).

De acordo con esta visión da alma, divide a cidade en tres estamentos:

  1. Gobernantes (os máis sabios).
  2. Gardiáns (deben protexer a polis de ataques exteriores).
  3. Produtores (o sustento económico da cidade).

Platón defende a aristocracia, réxime político...

Seguir lendo "Teorías da Xustiza: Evolución Histórica e Correntes Clave" »

Razón e Fe: A relación entre filosofía e teoloxía

Filosofía e ética2,77 KB

Razón e Fe: O pensamento medieval

Un dos debates máis discutidos no pensamento medieval foi a relación entre a razón e a fe, así como entre a filosofía e a teoloxía. Existen diversas posturas ao respecto:

  • Dialécticos: Pensan que a fe debe ser analizada e demostrada a través da razón. O seu extremado racionalismo levounos a ser considerados herexes.
  • Antidialécticos: Afirman que a fe é a única sabedoría e chegan a dicir que o saber racional é satánico, o que converte a filosofía en "criada da teoloxía".
  • Postura intermedia: Gerberto de Aurillac sostén que a fe é superior, pero que debe ser razoada.
  • Averroísmo latino: Propoñen a "teoría da dobre verdade", onde a fe e a razón son diferentes, autónomas e, incluso, contraditorias.
...
Seguir lendo "Razón e Fe: A relación entre filosofía e teoloxía" »

Diversidade Cultural: Conceptos, Posturas e Retos

Filosofía e ética2,27 KB

Diversidade cultural

A cultura constitúe un trazo diferenciador do ser humano. Hai moitas culturas; a variedade de culturas é consecuencia dunha característica propia do ser humano.

O home, a diferenza dos animais, é un ser aberto e conta cun gran número de posibilidades de realización. Non está programado para responder de forma fixa, senón que posúe liberdade para determinar a súa propia conduta. O ser humano posúe liberdade e intelixencia para elixir a resposta que lle parece adecuada en cada caso, mentres que os animais só poden reaccionar de xeito limitado ante os estímulos da natureza.

O illamento e a falta de contacto entre os distintos grupos que poboan a Terra favoreceron a diferenciación e a diversidade. Unha das causas...

Seguir lendo "Diversidade Cultural: Conceptos, Posturas e Retos" »

A Filosofía de Kant: O Xiro Copernicano e a Crítica da Razón Pura

Filosofía e ética3,5 KB

O Xiro Copernicano Kantiano e a Crítica da Razón Pura

O Xiro Copernicano Kantiano

A pregunta pola cientificidade da metafísica proporcionoulle a Kant a seguinte idea: a posibilidade de que a universalidade e a necesidade do coñecemento científico proveñan a priori e á marxe da experiencia. Que clase de coñecemento é un coñecemento a priori?

O noso coñecemento estaría condicionado pola natureza propia do obxecto externo; pero entón este sería a posteriori, polo que Kant inverte o papel do suxeito no proceso de coñecemento (o Xiro Copernicano). Kant considera que o suxeito do coñecemento é o que establece as condicións ás que debe someterse o obxecto para ser coñecido. O suxeito adopta, polo tanto, un papel activo no coñecemento....

Seguir lendo "A Filosofía de Kant: O Xiro Copernicano e a Crítica da Razón Pura" »

Vicente Risco: inadaptados, arte e sentimento da terra

Filosofía e ética2,46 KB

Que caracteriza aos inadaptados e cal é a súa idea da arte?

Vicente Risco caracteriza aos inadaptados como auténticos vencidos da vida (...). Insatisfeitos, non conformistas, decote rebeldes. Vencidos da vida por ser inadaptados. O problema dos inadaptados é un dos grandes problemas das decadencias. Neses tempos de economía e de política hai unha chea de naturezas extremadamente delicadas e conscientes (...) que non se poden sentir solidarias co camiñar histórico do momento. Son os malcontentos, os difíciles de gusto, os desprezativos, os desgostados de todo, os que andan á procura das cousas lonxanas, estrañas e requintadas, os «anormais por supernormais».

Explica o pensamento de Vicente Risco sobre a arte e o artista

Vicente Risco...

Seguir lendo "Vicente Risco: inadaptados, arte e sentimento da terra" »