Ecoloxía: Estudo dos Ecosistemas e as súas Relacións

Bioloxía3,92 KB

Ecoloxía: ciencia que estuda os ecosistemas.

Ecosistemas: relacións que se establecen entre o conxunto de seres vivos e os factores ambientais que existen nunha zona determinada. Poden ser ecosistemas naturais ou antrópicos. Hai tres tipos de ecosistemas: terrestres, acuáticos e en transición. Os límites entre os ecosistemas ou ecotóns poden ser nítidos ou graduais. Compoñentes dun ecosistema:

  1. Biótopo: compoñente abiótico do ecosistema, formado polo medio físico e os factores químicos.
  2. Biocenose ou comunidade biolóxica: compoñente biótico do ecosistema, constituida polos seres vivos que habitan nun determinado lugar e as relacións que establecen entre eles.

Especie: conxunto de seres vivos que se poden reproducir entre eles e orixinar unha descendencia fértil.

Poboación: conxunto de individuos da mesma especie que vive nun mesmo lugar.

Hábitat: tipo de lugar no que se atopan as condicións que necesita para vivir. A expansión das poboacións de distintas especies está limitada polos diferentes factores abióticos e bióticos:

  1. Abióticos: son os factores ambientais, conxunto de condicións físicas e químicas do biótopo. Cada un dos factores dun biótopo ten un intervalo ou rango de tolerancia, dentro da zona de tolerancia, chamada zona óptima, e onde medra, reproducese e sobrevive mellor unha especie. Segundo a amplitude do rango de tolerancia: Estenoicas son moi exixentes respecto ao ambiente, curva de tolerancia estreita e valencia ecolóxica baixa. Eurioicas son pouco exixentes ao ambiente, curvas amplas e valencia elevada. Adaptacións: ao longo da evolución das especies, desenvolveron características anatómicas, fisiolóxicas ou de comportamento: Temperatura (un dos factores que máis condiciona os organismos, as súas adaptacións son a endotérmica, aves e mamíferos capaces de manter a temperatura corporal constante, ou a ectotérmica a súa temperatura varía coa do ambiente). Humidade (plantas e animais terrestres tiveron que adquirir mecanismos para evitar o desecamento, escamas nos réptiles, epiderme nas plantas). Luz (fonte de enerxía que fai posible a fotosíntese). Densidade. Salinidade.

2. Biónicas: Relacións intraespecíficas: individuos da mesma especie que viven nun mesmo lugar cooperan ou loitan polos recursos. Asociación, individuos cooperan: Gregária (alimentos, defensa e migración) Familiar (coidar das crías) Colonial (agrupación de individuos que se especializan en diferentes funcións) Estatal (sociedade xerarquizada, os individuos poderían vivir sos). Competencia, individuos dunha mesma especie loitan. Relacións interespecíficas: individuos de distintas especies: Neutralismo (0,0) duaas especies que viven no mesmo territorio pero os individuos non teñen ningún beneficio nin prexuízo. Amensalismo os antagonismo (0,-) dúas especies na que unha impide o crecemento da outra sen obter ela ningún beneficio. Mutualismo (+,+) dúas especies cooperan. Simbiose (+,+) mutualismo no que a asociación das dúas especies e moi intima chegando a considerarse outra especie. Comensalismo (0.+) a especie que sae beneficiada, comensal, obtén un beneficio da outra que non ten nin beneficio nin prexuízo, hóspede; tipos: forese, comensal pegase o hóspede para viaxar, inquilinismo, comensal ocupa o niño ou tunel que fixo o outro. Parasitismo (+,-) especie favorecida, parásito, obtén da prexudicada, hóspede. Depredación (-,+) especie favorecida, depredador, obtén beneficio de que sae prexudicada, presa. Competencia (-,-) individuos comparten o mesmo nicho ecolóxico ou loitan polos mesmos recursos, e a especie mellor adaptada despraza a outra.

Nicho ecolóxico: función dunha poboación no ecosistema e está determinado polas relacións interespecíficas. Nun ecosistema maduro cada poboación ten un nicho que non adoita compartir con outras especies. Dentro dun mesmo habitat hai varios nichos ecolóxicos.

Descargar

PDF Word HTML