Sistemas Materiais e Atmosfera: Guía Completa de Conceptos Fundamentais

Bioloxía2,92 KB

Sistemas Materiais: Concepto e Clasificación

Un sistema material é un conxunto de elementos relacionados entre si que se consideran, para o seu estudo, como se fose unha unidade.

Os sistemas materiais poden ser homoxéneos ou heteroxéneos.

Nun sistema homoxéneo non se aprecian, a simple vista, distintas substancias.

Unha mestura é un sistema material homoxéneo ou heteroxéneo do que se poden separar distintas substancias por procedementos físicos.

Unha disolución é unha mestura homoxénea, formada por dúas ou máis substancias en cantidades variables, que se poden separar por procedementos físicos.

Nunha disolución, a substancia que está en maior proporción chámase disolvente; as outras reciben o nome de solutos.

Para separar as substancias que compoñen unha mestura cómpre empregar procedementos físicos que non alteran a natureza das substancias.

As técnicas de separación de mesturas máis comúns son:

  • Cribado
  • Filtración
  • Separación magnética
  • Decantación
  • Cristalización
  • Precipitación
  • Destilación

A Atmosfera: Composición e Funcións

A atmosfera é a capa máis externa do noso planeta. Está formada por unha mestura homoxénea de gases que chamamos aire.

Os gases máis abundantes no aire son o nitróxeno (78%) e o osíxeno (21%).

O osíxeno é un produto do proceso de fotosíntese realizado polas plantas e resulta imprescindible para a combustión e para a respiración.

O ozono fórmase cando o osíxeno do aire se ve sometido á acción dos raios ultravioletas do sol. Este gas atmosférico protexe os seres vivos dos efectos nocivos destas radiacións.

O dióxido de carbono atópase nunha pequena proporción no aire; sen embargo, resulta fundamental para a vida, xa que é utilizado polos vexetais para fabricar materia orgánica na fotosíntese.

Distínguense tres capas principais na atmosfera:

  • A troposfera
  • A estratosfera
  • A ionosfera

A atmosfera actúa como filtro protector e regula a temperatura da Terra.

O efecto invernadoiro é un fenómeno beneficioso que fai posible a vida na Terra ao producir o quecemento da súa superficie e permitir que a temperatura media do planeta acade os 15 °C.

O vapor de auga e o dióxido de carbono son os principais gases da atmosfera responsables do efecto invernadoiro.

Descargar

PDF Word HTML