Organulos celulares e nutrición celular: estrutura e función

Bioloxía3,24 KB

Orgánulos celulares

O aparello de Golgi é un conxunto de membranas con forma de sacos amoreados dos que se desprenden vesículas. Modifica os produtos procedentes do retículo endoplasmático.

O cloroplasto é un orgánulo con dobre membrana. A súa membrana interna forma tilacoides, nos que se atopa a clorofila, onde ten lugar a fotosíntese.

As mitocondrias son orgánulos con dobre membrana. A membrana interna forma as cristas mitocondriais, onde se atopan as enzimas da respiración celular.

Retículo endoplasmático

O retículo endoplasmático é un conxunto de membranas que forman unha rede de sacos aplanados:

  • Rugoso: ten ribosomas adheridos á súa superficie, que sintetizan proteínas para a propia célula.
  • Liso: carece de ribosomas e posúe funcións relacionadas coa síntese de lípidos.

Ribosomas

Os ribosomas están formados por ARN e proteínas. Encóntranse no citoplasma, libres ou sobre as membranas do retículo endoplasmático rugoso. A súa función é sintetizar proteínas.

Nutrición celular

A nutrición celular é o conxunto de procesos mediante os cales as células adquiren e transforman materia e enerxía do exterior. Esta función comprende:

  • Intercambio de substancias a través da membrana.
  • Transformacións químicas das moléculas.
  • Excreción dos produtos de refugallo producidos pola célula.

A nutrición permite reparar ou construír novas estruturas e obter a enerxía necesaria para realizar todas as actividades da célula.

Transporte de substancias a través da membrana

Sen deformación da membrana

  • Transporte pasivo (non gasta enerxía, pasa do máis concentrado ao menos concentrado):
    • Difusión simple (sen axuda).
    • Difusión facilitada (con axuda de proteínas).
  • Transporte activo (gasta enerxía, pasa do menos concentrado ao máis concentrado).

Con deformación da membrana

  • Endocitose (pasa ao interior):
    • Fagocitose (sólidos).
    • Pinocitose (líquidos).
  • Exocitose (pasa ao exterior).

Estrutura da célula eucariota

  • Membrana plasmática: capa continua que rodea a célula e controla o intercambio de substancias co exterior.
  • Citoplasma: medio líquido (citosol) formado por auga e todas as substancias do citoplasma, onde están dispersos os orgánulos celulares.
  • Núcleo: orgánulo que dirixe a actividade da célula. Contén un líquido, o nucleoplasma, onde se atopan:
    • Nucléolo: formado por ARN e proteínas, interven na formación dos ribosomas.
    • Cromatina: formada por ADN e proteínas, orixina os cromosomas.

Ademais, as células vexetais posúen:

  • Parede celular: recobre e protexe a membrana.
  • Cloroplastos: onde se realiza a fotosíntese.
  • Vacuolos: onde a célula almacena distintas substancias.

Descargar

PDF Word HTML