Reino Plantas: Estrutura, Nutrición e Reprodución
Reino Plantas
O reino das plantas está formado por organismos pluricelulares eucariotas, cuxa célula contén cloroplastos e parede celular. As plantas máis sinxelas non teñen órganos; as máis complexas sí, e posúen raíz, talo, follas e producen flores.
Órganos das plantas
RAÍZ: fixa a planta ao terreo, crece cara ao interior, absorbe auga e substancias minerais.
TALO: mantén a planta erguida, sostén as follas, os froitos e as flores. Contén condutos polos que circulan as substancias desde a raíz, as follas, etc.
FOLLAS: órganos onde a planta elabora nutrientes, poden ter distintas formas. Teñen dúas partes: limbo, parte ensanchada e plana, e pecíolo, parte que une o limbo co talo. A cara inferior do limbo é o envés e a superior é a face. No limbo aprécianse os nervios, que son condutos por onde circulan as substancias.
FLORES: conteñen os órganos reprodutores da planta: estames (gametos masculinos), pistilo (gametos femininos), corola e cáliz.
Nutrición
As plantas son autótrofas, fabrican o seu alimento mediante a fotosíntese.
Relación
Viven fixas ao solo e non se desprazan. Reaccionan ante a luz, a temperatura, a humidade e o contacto.
Reprodución
Sexual: mediante gametos, a unión dos gametos orixina unha semente e prodúcese unha nova planta.
Asexual: descendentes a partir de esporas e outras a partir de fragmentos do seu corpo.
Clasificación
As plantas con semente divídense en ximnospermas (a semente non está nun froito) e anxiospermas (a semente está nun froito). Tamén existen as plantas sen sementes.
Nutrición vexetal
A obtención de nutrientes consta de tres procesos: absorción de auga e sales minerais, absorción de dióxido de carbono e fotosíntese.
Absorción de auga
As plantas absorben auga e sales minerais disoltos a través de células da raíz chamadas pelos radicais. A mestura de auga e minerais absorbida pola raíz é o zume bruto.
Fotosíntese
O CO2 entra na planta por uns poros diminutos chamados estomas. Xunto coa auga absorbida pola raíz, chega aos cloroplastos, onde ten lugar a fotosíntese, sempre e cando a planta reciba a enerxía e a luz que necesita.
Respiración
As plantas respiran continuamente: absorben osíxeno e utilízano nas súas mitocondrias para obter enerxía a partir dos hidratos de carbono. A respiración produce auga e un refugallo: CO2.
Distribución de substancias
As substancias distribúense pola planta a través de tubos no interior dos talos, as ramas e os nervios das follas, chamados vasos conductores. Uns levan o zume bruto desde as raíces ata as partes verdes; outros distribúen o zume elaborado por toda a planta.
Expulsión de refugallos
As plantas expulsan refugallos de varias formas. Expulsan sobre todo por os estomas o osíxeno da fotosíntese, o CO2 da respiración e o exceso de auga (en forma de vapor). Outras expulsan refugallos a través das follas vellas cando caen da árbore. Certos refugallos irritantes e pegajentos, como o látex ou a resina, circulan polo talo e desprendense cando se producen cortes ou feridas, desinfectando e defendendo a zona danada.