Aparello Dixestivo e Respiratorio: Órganos e Funcións
e. Intestino delgado
e. Intestino delgado. É un tubo de uns 7 ou 8 m. Vai desde o piloro ata a válvula ileocecal, que comunica co intestino groso. Divídese en duodeno, xexuno e íleon.
f. Intestino groso
f. Intestino groso. É máis curto que o intestino delgado, pero o seu diámetro é dúas ou tres veces maior. Remata no ano e ten tres partes: ciego (onde se atopa o apéndice vermiforme), colon e recto.g. O ano
g. O ano. É o orificio por onde o tubo dixestivo se abre ao exterior. Ten dous esfínteres que permiten abrilo e pechalo.As glándulas anexas
As glándulas anexas. Producen secrecións que inflúen na dixestión. Tratanse das glándulas salivares, o fígado e o páncreas.a. As glándulas salivares
a. As glándulas salivares. Vértense na boca. Son tres pares de glándulas: as parótidas, as sublinguais e as submaxilares. Forman a saliva.b. O fígado
b. O fígado. É un órgano de 1,5 kg. Está situado debaixo do diafragma, na parte superior dereita da cavidade abdominal.c. O páncreas
c. O páncreas. É unha glándula situada na cavidade abdominal, debaixo e detrás do estómago. Trátase dunha glándula mixta: unha parte endócrina que produce as hormonas insulina e glucagón, e unha parte exócrina que forma o zume pancreático.O aparello respiratorio
O aparello respiratorio: Tamén participa na nutrición, xa que permite o intercambio de gases. Capta osíxeno e elimina dióxido de carbono. Está constituído polas vías respiratorias e os pulmóns.As vías respiratorias
As vías respiratorias: Conxunto de condutos polos que entra o aire.Fosas nasais
· Fosas nasais. Dúas cavidades que posúen gran cantidade de capilares sanguíneos. A pituitaria vermella, situada na parte superior, está moi vascularizada e nela se segrega moco. O aire que entra polas fosas nasais quéntase, humedécese e límpase de partículas. A pituitaria amarela está situada na parte superior das fosas nasais e nela se detectan os olores.Faringe
· Faringe. É un tubo musculoso que se comunica coa boca e co esófago. Na faringe atópanse as amígdalas, que participan na defensa fronte aos microorganismos.Laringe
· Laringe. Nela localízanse as cordas vocais.Bronquios e bronquíolos
· Bronquios e bronquíolos. Os bronquios son dous tubos situados a continuación da tráquea; cada un deles penetra nun pulmón. Dentro dos pulmóns, os bronquios se dividen en bronquíolos: dous no bronquio esquerdo e tres no dereito. Os bronquíolos se dividen á súa vez en condutos máis pequenos ata chegar aos sacos alveolares.Alveolos pulmonares
Están formados por varios alveolos, que son estruturas globosas de paredes moi finas rodeadas de capilares sanguíneos. Nelas ten lugar o intercambio gasoso.Os pulmóns
· Os pulmóns: Son dous órganos esponxosos situados no tórax, a ambos os dous lados do corazón.O pulmón dereito consta de tres partes coñecidas como lóbulos; o pulmón esquerdo ten dous. Os pulmóns están envoltos por dúas membranas chamadas pleuras.