Aparato Dixestivo e Saúde

Bioloxía3,65 KB

Aparato Dixestivo

  • Boca: nela os alimentos trituranse cos dentes; sitúase a lingua, onde reside o sentido do gusto.
  • Farinxe: conduto común aos aparellos dixestivo e respiratorio, cun repregamento chamado epiglote que fai de tapadeira para que non se obstruza a larinxe.
  • Esófago: por el descende o bolo ata o estómago grazas aos movementos peristálticos.
  • Estómago: comunícase co esófago por un orificio chamado cárdias; ten músculos moi fortes, nel vértense zumes gástricos que se mesturan cos alimentos, e únese ao intestino delgado por un orificio chamado píloro.
  • Intestino delgado: tubo moi longo; as súas paredes verten zume intestinal e mediante as vilosidades intestinais absórbense os nutrientes.
  • Intestino groso: tubo máis ancho ca o intestino delgado.
  • Ano: parte final do tubo dixestivo pola que son expulsadas as feces.

Funcións do Sangue

  • Transportar substancias: transporta nutrientes e substancias de refugo por todo o organismo.
  • Regula a temperatura corporal: o sangue axuda a manter a temperatura distribuíndo a calor por todo o corpo.
  • Defensa do organismo: os glóbulos brancos défendennos contra patóxenos e células tumorais; as plaquetas interveñen na coagulación sanguínea evitando que nos desangremos.

Defecación e Excreción

  • Defecación: eliminación de substancias de refugo que se atopan no intestino groso polo ano.
  • Excreción: proceso de expulsión ou eliminación de substancias de refugo procedentes das nosas células.

Hábitos Saudables

  • Dieta sa e reducir o consumo de graxas e sal.
  • Non consumir alcol e tabaco.
  • Facer exercicio físico.
  • Lavar as mans acotío e, sobre todo, antes de comer.
  • Ducharse a diario e lavar os dentes despois de cada comida.
  • Revisións médicas periódicas.

Dixestión Mecánica

  • Mastigación: esgazar, cortar e triturar os alimentos inxeridos; levana a cabo os dentes e o movemento da mandíbula inferior.
  • Insalivación: mesturar os alimentos xa triturados coa saliva grazas á lingua; fórmase o bolo alimenticio.
  • Deglutición: consiste en facer avanzar o bolo mediante os movementos peristálticos a través da farinxe e o esófago ata o estómago.

Dixestión Química

Conxunto de procesos que transforman o alimento en nutrientes pola acción dos zumes dixestivos.

  • Na boca: durante a formación do bolo, a saliva descompón os glícidos en substancias máis simples.
  • No estómago: as paredes do estómago segregan zumes gástricos que actúan sobre as proteínas; a papa semilíquida restante recibe o nome de quimo.
  • No intestino delgado: os zumes intestinais (segregados pola parede intestinal), a bile e o zume pancreático (do páncreas) actúan transformando o quimo; o resultado pasa a chamarse quilo, que contén auga, nutrientes e produtos non dixeridos.

Patoloxías

  • Dixestivo: Carie dental, estrinximento, gastroenterite, úlceras no aparato dixestivo.
  • Respiratorio: Bronquite crónica, pneumonía, asma.
  • Excretor: Cólico nefrítico, cistite.
  • Circulatorio: Arteriosclerose, infarto de miocardio, infarto cerebral (ictus).

Descargar

PDF Word HTML