A Conciencia Científica do Mundo: Historia da Astronomía

Filosofía e ética3,63 KB

A Conciencia Científica do Mundo

1. Introdución á Ciencia

A ciencia é un conxunto de teorías elaboradas polo home co fin de describir e explicar o mundo. Por mundo físico enténdese a totalidade de fenómenos que suceden obxectivamente no universo e poden ser percibidos por calquera suxeito.

2. Os Primeiros Cosmólogos Gregos

As primeiras explicacións que puideran chamarse científicas acerca do universo comezaron a elaborarse en Grecia entre os séculos VI e V a.C. e caracterízanse por un elevado contido teórico e unha escasa base empírica. Todas estas explicacións compartían como presupostos comúns que o universo era un cosmos vivente e eterno, que se tiña formado mediante un proceso puramente natural a partir dunha substancia material e que se desenvolvía cíclicamente. Nalgunhas destas explicacións sinaláronse como substancia primordial do universo un único elemento material:

  • Tales de Mileto dixo que era a auga.
  • Anaxímandro que era unha materia indefinida e ilimitada.
  • Anaxímenes que era o aire.
  • Heráclito que era o lume.

3. Astrónomos Pitagóricos e Platónicos

Centráronse máis en deseñar a estrutura xeométrica do universo e dos corpos celestes e dotaron a estes dun movemento circular uniforme.

4. Aristóteles e o Modelo Xeocéntrico

Aristóteles considerou que o universo era un sistema finito, esférico, eterno e xeocéntrico. A Terra estaba inmóbil no centro do universo circundada por esferas concéntricas que movían os astros. Distinguía desde a Terra a esfera da Lúa, o Sol, Venus, Mercurio, Marte, Xúpiter, Saturno e as estrelas fixas. Na periferia do universo situou un primeiro motor inmóbil de natureza espiritual que movía a esfera das estrelas fixas e esta, por rozamento, comunicáballe o movemento aos demais. Distinguía dúas rexións no universo:

  • Os seres terrestres: estaban compostos por lume, auga, aire e terra, eran xerables e corruptibles e estaban sometidos a un movemento rectilíneo que podía ser natural ou violento.
  • Os seres celestes: compostos por éter, eran innatables e incorruptibles e estaban sometidos a un movemento circular uniforme.

5. Astrónomos Helenísticos: Ptolomeo

Ptolomeo modificou o sistema aristotélico para poder dar conta de certos fenómenos astronómicos, asignándolle a cada planeta e ao Sol no seu xiro circular arredor da Terra un movemento circular con centro nun punto da deferente.

6. O Modelo Astronómico Medieval

Foi o de Aristóteles e Ptolomeo.

7. A Substitución do Modelo Xeocéntrico polo Heliocéntrico

A fin do modelo xeocéntrico e punto de arranque da astronomía moderna comezou cando Copérnico propuxo o modelo heliocéntrico. Segundo este novo modelo, que habería de revolucionar non só a astronomía senón tamén a física, o Sol estaba no centro do universo e todos os planetas xiraban ao seu redor con movemento circular uniforme. Ademais dun movemento anual de translación en torno ao Sol, Copérnico asignou á Terra un movemento diario de rotación sobre o seu eixe. Máis aló dos planetas, e formando a bóveda celeste...

8. Galileo Galilei e o Heliocentrismo

Galileo Galilei tivo o mérito de ter realizado observacións astronómicas que lle deron verosimilitude ao heliocentrismo copernicano. Por defender publicamente o heliocentrismo copernicano, foi xulgado pola Inquisición acusado de herexía, obrigado a renegar e recluído ata a súa morte. As súas observacións e a defensa do heliocentrismo foron a base da astronomía moderna.

Descargar

PDF Word HTML