Glosario de Termos Filosóficos e Científicos Esenciais
Evolucionismo
Teoría que se refire á mutación das especies e á súa relación de orixe.
Existencia
Acto de ser ou existir.
Falacia
Razoamento falso, presentado con aparencia de verdadeiro.
Falsación
Paso do método científico que busca comprobar a falsidade dunha hipótese, para poder aceptala como certa se non o consegue. Opóñese á verificación.
Feito
Acción ou obra.
Fenómeno
O que se manifesta directamente aos sentidos, o que pode ser obxecto dunha observación empírica [a posteriori].
Fixismo
Postura mantida por algunhas teorías biolóxicas segundo a cal as especies vivas son invariables, non se transforman (Aristóteles). Opóñese ao evolucionismo.
Formal
Todo aquilo baleiro de contido.
Hedonismo
Doutrina segundo a cal o pracer determina o valor ético da acción.
Heliocentrismo
Teoría astronómica sostida fundamentalmente por Copérnico, que considera o Sol como centro do universo.
Heteronomía
Contrario a autónomo. Condición da vontade que se rexe por imperativos que están fóra dela (leis).
Hipótese
Suposición de algo posible ou imposible para sacar unha consecuencia.
Hominización
Proceso evolutivo que conduciu á aparición do ser humano.
Idealismo
Teoría que afirma que todo o real é ideal ou puro pensamento.
Ideoloxía
Sistema de ideas ou conxunto coherente delas.
Igualitarismo
Tendencia política que propugna a desaparición ou atenuación das diferenzas sociais.
Incertidume
Falta de certidume (certeza).
Indeterminación
Teoría que afirma a liberdade ou libre albedrío (posibilidade de deliberar, decidir e elixir).
Indución
Intenta obter dos casos particulares observados unha lei xeral válida tamén para os non observados.
Inferencia
Acción e efecto de inferir; sacar unha consecuencia ou deducir algo doutra cousa.
Innatismo
Teoría que supón no espírito humano ideas ou coñecementos prácticos que nacen con el mesmo. [Racionalismo: previo á experiencia].
Instinto
Modo de comportamento complexo xeneticamente determinado.
Intelectualismo
Doutrina ética que defende as causas intelectuais como determinantes da vontade natural.
Iusnaturalismo
Dereito natural.