A Guerra da Independencia en Galicia e as Cortes de Cádiz

Historia2,76 KB

Fases da Guerra da Independencia

A Segunda Fase (1808-1812): Dominio Francés

Esta fase estivo marcada polo dominio francés grazas ao gran exército dirixido por Napoleón. As tropas inglesas, enviadas en axuda dos españois, foron perseguidas ata A Coruña, onde reembarcaron despois de perder ao seu xefe na batalla de Elviña.

A Liberación de Galicia

En Galicia, a liberación do territorio foi levada a cabo polo pobo. A resistencia foi clave en accións como a reconquista de Vigo ou a batalla de Ponte Sampaio. A oposición popular e o illamento con respecto ao resto dos exércitos fixeron que os franceses abandonasen rapidamente Galicia, converténdose así no primeiro territorio liberado do dominio francés.

A Terceira Fase (1812-1814): Repregamento Francés

Esta fase estivo marcada polo repregamento francés e a ofensiva hispanoinglesa. Napoleón invadiu Rusia e retirou as tropas de España, permitindo así que Wellington lograse a vitoria nas batallas de Vitoria e San Marcial en 1813. A clave do éxito da guerra para os españois foi contar co apoio inglés (estratexia).

As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812

As elites, co apoio do pobo, crearon as Xuntas.

A Formación das Xuntas de Goberno

En maio e xuño de 1808, numerosas vilas e cidades formaron Xuntas de Goberno controladas polos grupos dominantes. Representaron unha ruptura coa orde política vixente ata entón e unha nova concepción do poder. Fundamentando a súa lexitimidade na vontade popular e colectiva de defensa do país, as Xuntas asumiron o poder supremo e a soberanía na súa xurisdición e declararon a guerra a Francia.

En Galicia, a sublevación contra os franceses iniciouse na cidade da Coruña. Os sublevados formaron rapidamente unha Xunta Suprema do Reino que asumiu a soberanía, organizou a defensa e coordinou o labor das Xuntas locais.

Para maior coordinación, as Xuntas provinciais formaron a Xunta Suprema Central e Gobernativa de España e Indias, que exerceu o goberno de España desde setembro de 1808. A partir de xaneiro de 1810, foi substituída polo Supremo Consello de Rexencia.

As Cortes de Cádiz e a Abolición do Antigo Réxime

Foise estendendo a idea da necesidade de convocar unhas Cortes Xerais e Extraordinarias para coñecer a vontade do país e impoñer as reformas que fosen necesarias, aínda que existían fortes discrepancias sobre as medidas a tomar. Para uns, tratábase de restablecer o sistema político tradicional. Para outros, restrinxir o poder real e establecer unha Constitución baseada na soberanía do pobo e na separación de poderes.

Descargar

PDF Word HTML