As Vangardas en Galicia: Literatura, Arte e Historia
As Vangardas en Galicia: Renovación Literaria e Artística
Renovación Literaria
- Publicación do manifesto ¡Máis alá! (1922), de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro.
- Revistas literarias:
As revistas literarias adoitaban ser bilingües, nas que se mesturaban artes.
- Alfar: Jorge Luís Borges, André Breton, Teixeira de Pascoaes, Vicente Risco...
- Ronse: Luís Pimentel, Manuel Antonio. Promotores: Luís Seoane, Ánxel Fole, Arturo Cuadrado.
- Cristal: Luís Amado Carballo, Fermín Bouza Brey, Manuel Antonio, F. García Lorca...
Pintura Galega: Anos 20 e 30
Os Novos
O espírito innovador desta pintura non esqueceu a tradición romántica e barroca.
Pintores: Carlos Maside, Luís Seoane, Laxeiro, Colmeiro...
A Xeración de 1922: As Vangardas Galegas
Xeración das Vangardas
Autores nacidos arredor de 1900. Tiñan vontade de innovación, principalmente na poesía, igual ca na poesía europea da época.
Representantes
- Poesía: Manuel Antonio, Luís Amado Carballo, Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro, Luís Pimentel e Manuel Luís Acuña.
- Narrativa e teatro: Rafael Dieste.
Os vangardistas galegos mantivéronse fieis ao carácter galego, o que lles deu un carácter individualizador e os afastou das vangardas europeas:
- Espírito nacionalista herdado das Irmandades da Fala.
- Relación con Portugal: propiciou a aparición do saudosismo de Teixeira de Pascoaes.
- Presenza do sentimento.
Tendencias do Vangardismo Galego
1. Hilozoísmo
Ten como elemento fundamental unha paisaxe humanizada.
- Emprego de personificación ou prosopopea.
- Imaxes visuais, auditivas ou plásticas.
Representante: Luís Amado Carballo. Obras: Proel (1927) e O Galo (1928).
2. Neotrobadorismo
Recreación de temas, recursos formais e ambientes da lírica medieval. José Joaquín Nunes (1928).
Representantes: Fermín Bouza Brey. Obra: Nao senlleira (1933); Álvaro Cunqueiro. Obra: Cantiga nova que se chama ribeira (1933).
3. Vangardismo
Un proceso creativo que se achega aos movementos de vangarda europea.
Álvaro Cunqueiro.
Dúas etapas
- Vangardismo puro: primeiras obras.
- 1932: Man ao norde; trazos do cubismo e do creacionismo.
- 1933: Poemas do si e non. Trazos do surrealismo.
- Neotrobadorismo: poemas amorosos, usos populares onde xoga a adxectivación suxestiva e moita musicalidade.
Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930)
Contactos coas Irmandades da Fala e coa Xeración Nós.
1919: Comeza os estudos de náutica en Vigo.
Obra
Só publicou un poemario en vida en Vigo: De catro a catro. O resto da súa obra non se deu a coñecer ata anos despois.
- 1920-22: Con anacos do meu interior, saíron á luz en 1972.
- 1922-25: De foulas.
- 1922: ¡Máis alá! (non é poesía, é prosa).
- 1923: Sempre e máis despois.
- 1928: De catro a catro.
- 1928: Viladomar (poemario inacabado).
Etapas na evolución poética
- Etapa de formación: textos soltos (publicados en revistas vangardistas dos anos 20) e tres primeiros poemarios. Mestura de elementos tradicionais (patriotismo, presenza da rima), elementos modernistas (ton melancólico, ritmo), trazos vangardistas (innovacións da disposición gráfica - disposición irregular dos versos, na puntuación, presenza de imaxes suxestivas...).
Temas: o mar, a morte, o fatalismo, as tebras.
- Etapa creacionista:
Paquebote: Constantino Candeira. Capitán: Augusto Lustres.
De catro a catro (creacionismo galego): 19 composicións con estrutura circular:
- Saída - Ilusión (poema 1)
- Navegación - Aventura (poemas 2-18)
- Regreso - Saudade (poema 19)
Unidade temática: Presenza constante do mar:
- Dende dentro: mar fondo, serio, alumeado polas estrelas, a lúa, o sol...
- Dotado de realidade existencial: soidade, monotonía, desarraigamento, silencio, saudade, vida e morte (coma se o mar estivese personificado).
Forma
Ruptura dos esquemas métricos tradicionais. Ausencia de rima e de ritmo. Non se dividen en estrofas. Presenza de elementos vangardistas (a disposición irregular dos versos, presenza de espazos en branco, uso indiscriminado de maiúsculas, presenza do humor, presenza de símbolos, o mecanicismo).
- Etapa de retroceso: Viladomar: 5 poemas. O eu poético amósase nostálxico da infancia. Recupera o ton e a figura poética tradicional. Ambientación: Rianxo.
Rafael Dieste (Rianxo, 1899-Santiago, 1981)
Con 16 anos emigra a México.
Anos 20: traballa como xornalista en Vigo e empeza a escribir as primeiras obras en galego.
1927: Ingresa nun Seminario de Estudos Galegos (área de artes e letras: Castelao).
Coa Guerra Civil: exilio en Bos Aires (labor cultural: conferencias, publicacións...).
Anos 70: exilio, membro da RAG.
Obra
- 1926: Dos arquivos do trasno (8 relatos). 2ª edición (1972): 20 relatos.
Historias independentes que, a través dos personaxes, reflicten o carácter do home galego: sinxelo, orgulloso, melancólico, bondadoso.
Temas: retorno, a morte, crueldade, emigración, soidade.
Mestura elementos reais con elementos marabillosos ou fantásticos, xunto con trazos líricos ou humorísticos, precursora do realismo máxico.
- 1927: A fiestra baldeira.
Comedia, ambientación: vila costeira.
Protagonista: don Miguel, un indiano rico que fora mariñeiro.
Estrutura: introdución, nó e desenlace (3 lances).
- Lance 1: A filla e a muller rexéitano pola súa condición social.
- Lance 2: Os compañeiros mariñeiros opóñense ao cambio do fondo do lenzo. E un deles recorta o lenzo.
- Lance 3: Todos os personaxes reconcílianse co pasado mariñeiro e recuperan a súa autenticidade e integridade. Restitúese o anaco de lenzo que fora recortado.
Don Miguel simboliza a loita do home en defensa da súa propia identidade. A obra foi rematada en Rianxo en 1935.
O Estatuto de Autonomía e a Guerra Civil
1931: II República. Galicia: Partido Galeguista (Pontevedra) → Aprobación do Estatuto de Autonomía (Alexandre Bóveda, Otero Pedrayo, Castelao ou Suárez Picallo).
Xullo 1936: estoupou a guerra e paralizou a entrada en vigor do devandito Estatuto.
A Posguerra en Galicia
1939: remata a guerra e comeza a ditadura franquista.
Características da Ditadura
- Réxime autoritario.
- Catolicismo tradicional.
- Unidade cultural e idiomática.
- Censura: política, cultura...
- Represión contra todas as persoas non afíns ao réxime.
Galicia nos Anos da Posguerra
España: illada do resto dos países occidentais (sancións económicas internacionais).
Situación Social
- Redución dos salarios.
- Racionamento dos produtos (mediados dos anos 50).
- Aparición do estraperlo.
Galicia: anos da fame.
Lingua
Empregada polo pobo (perda de prestixio social).
Cultura Galega
- Intelectuais fusilados: Alexandre Bóveda, Roberto Blanco Torres, Ánxel Casal ou Vítor Casas.
- Intelectuais exiliados: Castelao, Lorenzo Varela, Luís Seoane ou Eduardo Blanco Amor.
- Intelectuais do exilio interior (silencio intelectual e político): Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Ánxel Fole ou Francisco Fernández del Riego.
- Institucións: desapareceron o Seminario de Estudos Galegos, a editorial e a revista Nós, o xornal A Nosa Terra.
Política
Desapareceu o Partido Galeguista (que desapareceu definitivamente en 1950).
O Rexurdir Editorial na Posguerra
1949: Xurdiron dúas coleccións de poesía: Xistral (Lugo) e Benito Soto (Pontevedra), vinculadas a Celso Emilio Ferreiro.
Fundáronse as editoriais Monterrey e Bibliófilos Galegos (Santiago), que publicaron obras como Camiños no Tempo de R. Cabanillas.
Apareceu o suplemento dos sábados no xornal La Noche.
Colaboradores
Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego, Marino Dónega ou Xaime Illa Couto.
1950: fundouse a editorial Galaxia.
Fundadores Iniciais
Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, Xaime Illa Couto, Francisco Fernández del Riego, Domingo García Sabell, Ánxel Fole ou Xesús Ferro Couselo.
Impulsores dun galeguismo culturista (non político).
Obxectivos
Reflectir a nosa cultura e dignificar o idioma.
Labor da Editorial Galaxia
- 1950: publicouse Antífona da cantiga, de R. Cabanillas (cantigas populares).
- 1951: editou a revista Grial (4 números).
- 1958/68: publicou a Revista de Economía de Galicia.
- 1963: 2ª etapa da revista Grial.
- Púxose en marcha a colección Illa Nova (Carlos Casares, María Xosé Queizán ou Xosé Luís Méndez Ferrín).
- Difusión do ensaio (sobre todo, o filosófico): Ramón Piñeiro e Domingo García Sabell.
- Traducións.
- Reedicións de obras galegas da Posguerra.
Álvaro Cunqueiro
Biografía
Importancia da súa vila na súa obra: contacto coa xente, coa paisaxe e coa tradición da literatura popular.
Na República: adhesión ao Partido Galeguista (abandónao coa guerra). Vencello coa editorial Galaxia: publicación da súa obra narrativa.
1961: Ingresou na RAE.
1966/70: Traballou no Faro de Vigo.
1991: dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Obra Narrativa
- Novelas:
- 1955: Merlín e familia.
- 1956: As crónicas do sáchante.
- 1961: Se o vello Sinbad volvese ás illas.