O teatro galego da posguerra á Xeración Abrente

Lingua e literaturaActualizado o 2,52 KB

Resumo

Este texto repasa a evolución do teatro galego desde a posguerra ata a Xeración Abrente. Explica a escaseza editorial do franquismo, a recuperación da dramaturxia con Galaxia e os principais autores de cada etapa, como Manuel María, Franco Grande ou Xohana Torres. Tamén presenta o teatro independente, o certame Abrente de 1973 e os rasgos e representantes máis destacados da Xeración Abrente.

Puntos clave

  • Durante a posguerra só se publicaron tres obras dramáticas orixinais en galego, debido ao control editorial do franquismo.
  • A Editorial Galaxia impulsou a recuperación da literatura dramática con O desengano do priorio e O incerto señor don Hamlet.
  • Manuel María entendía o teatro como instrumento de educación e creou un teatro popular reivindicativo con Auto do taberneiro, Auto do labrego e Auto do mariñeiro.
  • O teatro independente, desde 1965, desenvolveu un teatro moderado, crítico e comprometido.
  • En 1973 realizouse a primeira mostra e o primeiro certame Abrente de teatro galego.
  • A Xeración Abrente buscaba converter o teatro en profesión, crear un teatro de calidade comprometido coa realidade, explorar novas formas estéticas e conseguir a normalización lingüística.
  • Manuel Lourenzo, Euloxio Rodríguez Ruibal e Roberto Vidal Bolaño son representantes importantes desta xeración.

Ponte á proba

Houbo unha penuria editorial nestes anos, pois só se publicaron tres obras dramáticas orixinais en galego, xa que tiñan que ser aprobadas polo control do franquismo editorial. É a Editorial Galaxia a que impulsa o proceso de recuperación da literatura dramática con O desengano do priorio (Otero Pedrayo) e O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (Álvaro Cunqueiro), obra que é de mención especial pola riqueza da linguaxe dramática, a reflexión do autor sobre a identidade e a existencia humana (debido ao personaxe de Hamlet) e as técnicas que introducen a obra no teatro do absurdo.

No teatro dos anos 50 temos a Manuel María, autor dun amplo número de obras de diferente tipo que entendía o teatro como instrumento de educación e que, ao final dos 60, crea un teatro popular reivindicativo e propagandístico: Auto do taberneiro, Auto do labrego e Auto do mariñeiro.

Outros autores desta época son Franco Grande (Vieiro choído), Arcadio López Casanova (Orestes) ou Xohana Torres, onde as figuras femininas asumen un papel decisivo na defensa da terra (Un hotel de primeira sobre o río).

Por outro lado, temos o teatro independente a partir do 65, que son aqueles grupos que desenvolven un teatro moderado, crítico e comprometido. En 1973 aparece a primeira mostra e o primeiro certame Abrente de teatro galego, no que se intercambiarán ideas.

Nesta Xeración de Abrente, os autores buscaban converter o traballo en profesión e non só en diversión. Caracterizáronse por:

  • Crear un teatro de calidade actual comprometido coa realidade política e social do país.
  • Explorar novas formas estéticas.
  • Conseguir a normalización lingüística no ambiente teatral.
  • Servirlles de guía ás xeracións posteriores.

Os representantes máis importantes son:

  • Manuel Lourenzo: creador de grupos como O Facho ou Teatro Circo, coa súa obra clasificada en distintos ciclos (por exemplo: mítico, teatro por dentro, experimental…).
  • Euloxio Rodríguez Ruibal.
  • Roberto Vidal Bolaño: cunha estética moi innovadora en obras como Ledaíñas pola morte do meco.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Por que houbo escaseza de obras dramáticas en galego na posguerra?

Porque as obras tiñan que ser aprobadas polo control editorial do franquismo, e só se publicaron tres obras dramáticas orixinais en galego.

Que buscaban os autores da Xeración Abrente?

Buscaban converter o traballo teatral en profesión e non só en diversión, crear un teatro de calidade comprometido coa realidade e explorar novas formas estéticas.

Que foi o certame Abrente de teatro galego?

Foi o primeiro certame e mostra de teatro galego, celebrado en 1973, onde se intercambiaron ideas entre grupos e autores.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Cantas obras dramáticas orixinais en galego se publicaron durante a posguerra segundo o texto?
2. Que editorial impulsou a recuperación da literatura dramática galega?
3. Que autor creou Auto do taberneiro, Auto do labrego e Auto do mariñeiro?
4. Desde que ano aparece o teatro independente segundo o texto?
5. Que obra de Roberto Vidal Bolaño se menciona como exemplo da súa estética innovadora?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.