Situación actual da industria en España: desafíos e tendencias
Situación actual da industria española
A industria española despois da súa entrada na Unión Europea viviu un proceso de modernización produtiva, aínda que tivo que superar un período de crise a partir do ano 1990 que se agudizou no ano 1993.
A mediados dos noventa a industria española, xa recuperada, convertérase no sector de actividade máis produtivo grazas á moderación salarial e á flexibilidade na contratación laboral.
A economía medraba por riba da media europea e aumentaba o investimento español nos países da Unión Europea mentres que en Portugal, o norte de África e Latinoamérica se instalaban empresas españolas.
A industria tivo un bo ritmo de crecemento de vendas, de produción e demanda aínda que vai perdendo importancia dentro do conxunto de actividades económicas a causa da terciarización xeral do emprego.
Pero no 2007 xorde a crise financeira en Estados Unidos e aféctalle a economía mundial.
Na Unión Europea iniciouse unha tendencia xeral á baixa, que en España se reflicte cunha recesión da carteira de pedidos, un aumento dos stocks e unha desaceleración do emprego.
Os desafíos da industria española
Os problemas estruturais
Os novos retos veñen determinados pola economía global e as consecuencias do ingreso na UE en 1986 que nos obligan a competir en calidade e produtividade.
- O primeiro problema é o tamaño das empresas. Predominan as PEMES con menos de 250 traballadores (95% das empresas e xeran o 67% do emprego), das cales o 80% teñen menos de 20 traballadores e escasos recursos, o que supón unha dificultade para a incorporación de innovacións.
- O segundo desafío nesta fase posfordista é a implantación de novas tecnoloxías, que revolucionaron os sistemas de produción.
- En terceiro lugar están as consecuencias da incorporación á Unión Europea.
Estas PEMES teñen que competir coas grandes empresas, que son o resultado de procesos de fusións e compras, que utilizan o sistema de empresas multiplanta que realizan cada tarefa do proceso produtivo nun establecemento diferente, ou ben con subcontratas.
Estas empresas multinacionais os traballadores ca maior cualificación traballan nas sedes centrais e nos procesos previos e posteriores á produción (I+D, deseño, xestión, marketing, mercadotecnia...), quedando relegados os operarios manuais a tarefas máis simples e mecanizadas nas empresas subsidiarias.
A este grupo pertencen as multinacionais estranxeiras, que dominan os sectores máis dinámicos, xunto ás que cabe mencionar un número cada vez maior de multinacionais españolas que operan en Hispanoamérica e Europa.
A resposta española debe ser un aumento da calidade e da produtividade para competir con estes países.