Dominios climáticos e climogramas en España
Dominios climáticos de España
- Oceánico:
- Oceánico puro
- Oceánico de interior ou transición
- Mediterráneo:
- Mediterráneo marítimo ou de costa
- Mediterráneo de costa levantina ou catalá
- Mediterráneo andaluz
- Mediterráneo de interior:
- Submeseta Norte
- Submeseta Sur
- Andalucía Occidental e Extremadura
- Mediterráneo árido
- Alta Montaña
- Clima Canario
Resumo dos climas de España
Clima oceánico
- Precipitacións: > 800 mm, 150 días ao ano, máximas en inverno.
- Temperaturas: suaves, veráns < 22 ºC, inverno 6-10 ºC, amplitude térmica (A.T.) 9-12 ºC. Diferenza entre zonas costeiras e de interior (nestas últimas a A.T. sitúase entre 12-15 ºC).
Clima mediterráneo
Características xerais: precipitacións < 800 mm e choivas torrenciais.
Mediterráneo marítimo
Máis precipitacións (800-300 mm), menores na costa mediterránea e maiores na costa suratlántica. Maiores temperaturas, A.T. 12-16 ºC, verán > 22 ºC, inverno > 10 ºC.
Mediterráneo continentalizado ou de interior
Precipitacións de 800-300 mm (no centro das depresións son menores). Temperaturas con A.T. > 16 ºC:
- Submeseta Norte: verán < 22 ºC, inverno 6/-3 ºC.
- Submeseta Sur: verán > 22 ºC, inverno 6/0 ºC.
- Extremadura / Andalucía: verán > 22 ºC, inverno 6-10 ºC.
Mediterráneo seco ou subdesértico
Precipitacións < 300 mm. Temperaturas na costa do sueste con TMA 17-18 ºC e inverno suave (10 ºC); na depresión do Ebro TMA < 17 ºC con invernos fríos.
Clima de montaña
- Precipitacións: > 1000 mm.
- Temperaturas: TMA < 10 ºC, veráns frescos < 22 ºC e invernos fríos.
Clima canario ou subtropical
- Zonas baixas: precipitacións 300-150 mm, TMA > 17 ºC.
- Zonas altas: precipitacións > 1000 mm, TMA > 17 ºC.
Comentario dun climograma
1. Análise das precipitacións
Deberán terse en conta os seguintes aspectos:
- O total das precipitacións:
- Moi abundante: > 1000 mm (oceánico ou zona de alta montaña).
- Abundante: 1000-800 mm (oceánico).
- Escasa: 800-300 mm (mediterráneo costeiro ou continentalizado).
- Moi escasa: < 300 mm (subdesértico ou estepario).
- Desértico: < 150 mm.
- A distribución das precipitacións:
- Regular: se non hai ningún mes seco (clima oceánico).
- Bastante regular: como máximo dous meses secos (oceánico de transición ou mediterráneo continentalizado).
- Irregular: máis de dous meses con sequía (clima mediterráneo).
- Mediterráneo seco, subdesértico ou estepario: máis de sete meses secos.
- A forma na que caen as precipitacións: choiva ou neve.
2. Análise das temperaturas
Deberá facerse referencia aos seguintes aspectos:
- Temperatura media anual (TMA)
- Amplitude térmica:
- Zonas costeiras: moi baixa (< 8 ºC, típico de Canarias), baixa (9-12 ºC, costa cantábrica), media (13-16 ºC, costa mediterránea e suratlántica).
- Zonas do interior: alta (16-18 ºC), moi alta (> 18 ºC).
- Temperatura do verán:
- Caluroso: temperatura media ≥ 22 ºC.
- Fresco: ningún mes chega aos 22 ºC.
- Temperatura do inverno:
- Suave: o mes máis frío non baixa de 10 ºC.
- Moderado: o mes máis frío entre 10 e 6 ºC.
- Frío: o mes máis frío entre 6 e -3 ºC.
3. Análise da aridez
- Aridez mensual: seguimos a Gaussen (2 × T ºC > P mm), ou o que é o mesmo, a curva das temperaturas está por enriba da barra das precipitacións.
- Aridez xeral: seguimos a Lautensach-Meyer (ningún mes seco = clima húmido; 1-3 meses secos = semihúmedo; 4-7 meses secos = semiárido; 7-11 meses secos = semiárido extremo).
4. Clasificación do clima
Unha vez analizados os datos, estamos en disposición de determinar o tipo de clima.