A vexetación de Galicia: bosques, matogueiras e flora de ribeira e dunas

XeografíaActualizado o 3,47 KB

Resumo

O documento describe a vexetación galega: a importancia do monte e do bosque, os bosques caducifolios como o carballo e o castiñeiro, e a transición entre as rexións bioxeográficas Eurosiberiana e Mediterránea. Tamén recolle as especies de cada hábitat, desde a ribeira ata as dunas, e o impacto das plantacións de piñeiro e eucalipto.

Puntos clave

  • Galicia é unha das comunidades con maior masa forestal, aínda que boa parte dos bosques están abandonados e cheos de maleza.
  • O bosque galego típico é caducifolio, con carballos e castiñeiros, moi reducido pola acción humana.
  • O noroeste peninsular está no límite entre a rexión Eurosiberiana, que ocupa gran parte de Galicia, e a Mediterránea.
  • O carballo (Quercus robur) adáptase á humidade da fachada atlántica, mentres o cerqueiro (Quercus pyrenaica) indica condicións con seca estival.
  • As plantacións de piñeiro e eucalipto reduciron a distribución de especies autóctonas como o carballo e o castiñeiro.
  • A landa atlántica é a formación arbustiva máis extensa, con breixos, xestas e piorno.

Ponte á proba

A Vexetación Galega: Biodiversidade e Ecosistemas

Galicia posúe unha gran porcentaxe de monte e bosque, sendo unha das comunidades autónomas con máis masa forestal. Sen embargo, tamén se estima que a maior parte dos bosques permanecen abandonados, estando cheos de maleza.

Bosques Caducifolios e o Impacto Humano

O bosque galego típico está formado por especies caducifolias, como o carballo e o castiñeiro, cuxas formacións víronse moi reducidas nos últimos anos pola acción humana (introdución de especies como o eucalipto e o piñeiro), quedando un número de fragas reducido, en particular no centro-norte da provincia de Lugo e no norte da provincia da Coruña (Fragas do Eume).

Rexións Bioxeográficas de Galicia

O noroeste peninsular atópase no límite de dúas importantes rexións bioxeográficas: a Eurosiberiana, que ocupa gran parte de Galicia, e a Mediterránea, restrinxida fundamentalmente ao sueste da provincia de Lugo e á maior parte de Ourense.

Transición de Especies: Carballo e Cerqueiro

Esta transición faise visible no paso do dominio do carballo (Quercus robur) ao do cerqueiro, cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica); o primeiro, típico da fachada atlántica, adáptase á humidade e aos solos silíceos, mentres que o segundo representa o tránsito cara a condicións climáticas caracterizadas por unha maior irregularidade das precipitacións e pola existencia dun período de seca estival.

Impacto das Plantacións Exóticas na Flora Autóctona

En xeral, pódese establecer unha estreita correspondencia entre os diferentes dominios climáticos e as unidades bioxeográficas. Non obstante, a proliferación das plantacións de piñeiro e de eucalipto (de orixe antrópica) esvaneceu, en gran medida, a distribución de especies tradicionais que, como o carballo ou o castiñeiro, sufriron un notable retroceso nos últimos tempos debido á menor rendibilidade económica.

Especies Vexetais por Hábitat

Flora de Ribera e Zonas Húmidas

Nas beiras dos ríos e, polo xeral, en áreas húmidas medran:

  • Amieiros
  • Salgueiros
  • Freixos

Especies de Zonas Secas

Pola contra, nas áreas máis secas están presentes:

  • Sobreiras
  • Aciñeiras

Formacións Arbustivas: A Landa Atlántica

Dentro das formacións arbustivas, a formación vexetal máis extensa está constituída pola landa atlántica, formada por matogueiras, entre as que destacan:

  • Os breixos, que invaden amplas áreas como sotobosque ou como cuberta arbórea debido á intensiva deforestación.
  • As xestas, que ocupan principalmente a Galicia interior e de montaña.
  • O piorno, que se estende polas serras orientais.

Xarais: Indicadores de Clima Mediterráneo

Nas áreas máis secas dos vales aparecen formacións de xarais, que poñen de relevo a existencia de condicións mediterraneizantes.

Flora de Marismas, Dunas e Pozas

Nas zonas de marismas e dunas predominan especies adaptadas á salinidade e á area, e ás pozas:

  • Especies de marismas e dunas: ammofila, cardo mariño
  • Especies de pozas: xuncos, carrizos, ranúnculos

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que especies de árbores caducifolias son típicas do bosque galego?

O carballo e o castiñeiro son as especies caducifolias típicas do bosque galego. As súas formacións reducíronse moito nos últimos anos pola acción humana.

Que é a landa atlántica?

É a formación arbustiva máis extensa de Galicia, formada por matogueiras como os breixos, as xestas e o piorno.

Que especies viven nas beiras dos ríos e zonas húmidas?

Nas beiras dos ríos e en áreas húmidas medran amieiros, salgueiros e freixos.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Que especie de carballo está asociada á fachada atlántica e á humidade?
2. Entre que dúas rexións bioxeográficas se atopa o noroeste peninsular?
3. Que especie se considera indicadora de condicións mediterraneizantes nas áreas secas dos vales?
4. Que factor económico explica o retroceso de especies como o carballo e o castiñeiro?
5. Que especies se citan como propias das zonas de marismas e dunas?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.