A Gran Depresión: Causas e Consecuencias Económicas
A Gran Depresión
Causas Principais
- Prodúcese unha sobreprodución industrial. Diversos indicadores da actividade industrial amosan que o ritmo do crecemento estaba a desacelerarse nos Estados Unidos.
- Prodúcese unha crise de liquidez (falta de recursos monetarios para lle facer fronte ao pagamento das débedas) como consecuencia do crack da bolsa, que favoreceu a expansión da crise.
- A caída das accións provocou a necesidade de liquidez e forzou a retirada de investidores en Europa e a cancelación de moitos créditos.
- Produciuse o desexo de vender a calquera prezo (deflación).
- Produciuse a caída do consumo. Diversas causas influíron neste descenso:
- Diminución da capacidade adquisitiva, daqueles que investían en bolsa.
- O temor a ser despedidos.
- A caída dos prezos agrarios.
- O endebedamento provocado pola adquisición a crédito.
Consecuencias Devastadoras
A sobreprodución, a falta de diñeiro e a caída do consumo fixeron que a crise da bolsa se convertese nunha crise que afectou a toda a economía.
- Crise bancaria:
- Os debedores non podían devolver os seus préstamos. A maioría dos bancos aceptaran accións da bolsa como garantía dos préstamos.
- O medo á quebra dos bancos asustou a poboación, que retirou os efectivos das contas.
- As entidades financeiras non puideron repoñer os depósitos bancarios pola falta de recursos monetarios.
- Para superar as dificultades, os bancos reduciron enormemente a concesión de créditos para a industria e o consumo. Isto agravou aínda máis a conxuntura.
- O pesimismo e a falta de confianza implicaron unha drástica redución dos investimentos.
- A ruína dos investidores bolsistas e a diminución do crédito provocaron o descenso do consumo.
- Os stocks aumentaron entre 1929 e 1932.
- Crise industrial:
- O subconsumo e a caída dos investimentos iniciaron a crise industrial.
- Desapareceron empresas.
- Aumentou o desemprego.
- Impacto social:
- A depresión tivo grandes consecuencias sociais e a pobreza espallouse entre amplas capas da poboación.
- Moitos perderon os seus aforros.
- O desemprego agravou máis a contracción da demanda.
- Ao diminuír a demanda, descendeu de novo a produción industrial e agraria.