Migracións e Urbanización: Historia e Impacto Social

Xeografía2,27 KB

Inconvenientes da Emigración

Entre os inconvenientes destaca a perda da poboación máis nova e emprendedora (que constitúe a maioría dos emigrantes) e o envellecemento da sociedade.

Repercusións para os Países de Destino

Vantaxes

  • Crecemento e rexuvenecemento da poboación.
  • Aumento da natalidade.
  • Chegada de man de obra barata.
  • Incremento da diversidade e multiculturalidade.

Inconvenientes

  • Problemas de convivencia entre a poboación local e os emigrantes.
  • Inadaptación dalgúns emigrantes aos costumes do país de acollida.
  • Escaseza de vivendas a prezo alcanzable.
  • Necesidade de aumentar servizos como hospitais e colexios.

Historia das Migracións en España

Na historia recente, e ata 1975, España foi un país emigratorio. As migracións interiores estiveron protagonizadas polo éxodo rural, e significaron o transvasamento da poboación desde o campo ás áreas industriais e ás áreas turísticas da periferia peninsular e insular. En Galicia, este éxodo rural provocou a expansión das zonas industriais. As migracións exteriores, tanto en Galicia como no resto de España, dirixíronse a América Latina e Europa. Ambas as dúas correntes migratorias finalizaron a raíz da crise económica de 1975, que supuxo o regreso de moitos dos antigos emigrantes.

Evolución Urbana

A Cidade Preindustrial

As primeiras cidades xurdiron hai 7500 anos, primeiro en Mesopotamia, xunto aos ríos Tigre e Éufrates, e máis tarde, en Exipto, xunto ao Nilo. A urbanización estendeuse polo Mediterráneo, grazas ás colonizacións gregas e ao imperio romano.

A Idade Media

As cidades cristiás europeas rexurdiron desde o século XII. Nese período, as cidades musulmás atinxiron un notable desenvolvemento.

A Idade Moderna

Os descubrimentos xeográficos estenderon as cidades por África e América. Os reis absolutistas expresaron o seu poder remodelando e embelencendo as cidades, dotándoas de prazas, xardíns, fontes monumentais, rede de sumidoiros e pavimentación das súas rúas.

A Cidade Industrial

A primeira revolución industrial supuxo a implantación da industria.

Descargar

PDF Word HTML