Aparello Excretor: Función, Partes e Doenzas Renais
Aparello Excretor
Está relacionado cos outros sistemas porque é o encargado de recoller os refugallos das células.
A principal vía de excreción é a excreción renal, a formación de urina, que ademais de eliminar substancias tóxicas é moi importante porque regula a cantidade de auga que hai no corpo.
Excreción Renal e Outras Vías
- Excreción renal
- Outras vías: glándulas sudoríparas, excreción pulmonar, excreción dixestiva, glándulas mamarias.
Glándulas Sudoríparas
Temos máis de 2 millóns de glándulas. Concentranse en certos lugares como os pés, as mans, as axilas. A súa función non é expulsar toxinas, pero fano. A súa función principal é baixar a temperatura. O suor ten unha composición parecida á urina.
Excreción Pulmonar, Dixestiva e Glándulas Mamarias
(Información adicional sobre estas vías de excreción podería ser engadida aquí)
Excreción Renal Detallada
Os riles son 2 órganos que se atopan a cada lado da cavidade abdominal, miden 10 cm de longo; están rodeados de graxa e teñen unha parte escura exterior chamada codia renal e unha parte central chamada medula renal. Estas dúas partes están rodeadas da cápsula fibrosa. De cada ril sae un conduto chamado uréter, e están gardados dentro do peritoneo. O máis característico son uns tubiños chamados nefróns. Os riles teñen 1.200.000 nefróns, a súa función é fabricar urina e teñen 2-3 cm de largo e 30 micras de ancho.
Como se Produce a Urina
A cada ril chega unha arteria renal que se ramifica noutras máis pequenas ata chegar a capilares. Cada capilar entra nunha cápsula de Bowman e forma unha especie de glomérulo e despois sae cunha maior presión e deixa caer moitas substancias que pasan polo tubo proximal e forman o filtrado glomerular que contén substancias boas e de desfeito; durante o percorrido as útiles reabsórvense e pasan ao sangue e as de desfeito convértense en urina.
A urina é un líquido amarillento composto por auga maioritariamente. Fabricamos 2 litros ao día, os demais compoñentes son sales minerais e outros elementos. A urina sae polo tubo colector e pasa aos uréteres. Os uréteres son uns tubos de 25 cm de longo que saen do ril ata a vexiga urinaria, e a súa función é transportar a urina. A vexiga urinaria ten un tamaño de 350 cm cúbicos pero dilátase, e un músculo onde se garda a urina.
A urina sae do corpo a través dun tubo chamado uretra; que é distinta nos homes e nas mulleres, nos homes compártese e é máis longo, nas mulleres é moito máis curto e é un órgano exclusivo.
Doenzas do Aparello Excretor
Cálculos Renais
Dentro da vexiga acumúlanse sales que poden cristalizar e forman pedras que saen á uretra e obstrúena e producen un cólico nefrítico. Pode darse na vexiga ou nos riles.