Sociedades Urbanas e Clase Obreira: Condicións Laborais no S. XIX

Ciencias sociais2,31 KB

Sociedades Urbanas

Tipo de sociedade con éxodo rural en zonas desenvoltas e industrializadas. Dábanse en lugares economicamente activos de R.U., Holanda, Francia, Alemaña e norte de Italia. Predominaban os tres grupos de sociedade de clases: burguesía industrial, clases medias e a maioría de proletariado asalariado.

Formación da Clase Obreira

A introdución da máquina é a orixe disto (C.O.). Dentro do proletariado existía xente con diversas orixes: uns viñan do campesiñado, sen ser xa necesarios debido ás novas máquinas ou á perda de terras; outros eran empregados do sistema de traballo a domicilio, e os restantes eran artesáns dos gremios que pecharan. As máquinas prescinden de pericia e abaratan a man de obra contratada, o que supón a desaparición da estrutura gremial.

Condicións de Traballo

Eran moi duras. No século XIX a xornada laboral era longa, a disciplina implicaba castigos, non tiñan descansos dominicais ou festivos, os despidos eran moi frecuentes e había unha ausencia de dereitos sindicais e laborais. A humidade e a temperatura eran moi elevadas, e xunto co po do algodón producían enfermidades respiratorias. Ao principio o traballo era por unidades familiares dentro da fábrica, e a mediados de século, xeneralizouse o traballo en grandes fábricas, despersonalizando as ordees dun capataz. O traballo farase mecánico, rutineiro e sen perspectivas de mellora.

Traballo Infantil e Feminino

Antes da R.I. os nenos traballaban no campo ou na casa e eran man de obra oculta para confeccionar roupa no pequeno obradoiro doméstico. Había tarefas de mulleres, e os soldos completaban a economía de subsistencia. Coa R.I., estas mulleres traballaban xeralmente en traballos como servizos domésticos, tarefas agrícolas, na superficie das minas ou con vagonetas. Na industria téxtil tiñan o mesmo réxime ca os homes, pero menor salario.

Traballo Infantil

Era parte da economía familiar. As xornadas eran moi longas e á escola íanse poucos anos para ler e escribir cuns mínimos coñecementos. A lexislación protectora da infancia foi escasa e a prohibición de traballo antes dos 9 anos non se cumpriu. Houbo unha mellora a partir de 1844, pero aínda así, a mediados de século, un terzo da poboación menor de 15 anos traballaba.

Descargar

PDF Word HTML