Mutacións Xenéticas e Enfermidades Xenéticas

Bioloxía2,48 KB

MUTACIÓN XENÉTICA

Son alteracións no mat xenético que teñen consecuencias negativas, positivas ou inocuas. Débense a erros na replicación ou reparticións anómalas nas divisións celulares.

Mutacións Cromosómicas

Afectan a fragmentos cromosómicos ou cromosomas enteiros

Mutacións Estructurais:

  • Deleción: perda dun fragmento
  • Inversión: cambio de sentido de fragmentos cromosómicos
  • Translocación: escinde un segmento que se intercambia co fragmento cromosómico non homólogo
  • Mutacións Numéricas: afectan ao número normal de cromosomas dunha especie
  • Haploidía: número de cromosomas coincide co número de gametos
  • Poliploidía: máis de 2 xogos cromosómicos
  • Monosomía: falta un cromosoma dunha parella homóloga

Mutacións Xénicas

Son alteracións pequenas e puntuais dos nucleótidos do ADN dun xene por substitucións dunhas bases por outras. Poden provocar cambios no ARNm. Non se visualizan co microscopio óptico. Ao producirse o cambio dun aminoácido por outro, a proteína pode seguir desempeñando a súa función, pero, se o fai de forma defectuosa, os efectos observaranse no fenotipo

A variabilidade xenética que fai posible a evolución das especies por selección natural, incréméntase grazas ás mutacións. En consecuencia, considéranse beneficiosas desde o punto de vista evolutivo da especie, ainda que poidan resultar prexudiciais para o individuo


ENFERMIDADES XENÉTICAS

As alteracións no mat xenético poden dar lugar a fenotipos defectuosos derivados de mutacións que ocorren nun só xene (hemofilia/anemia falciforme). Noutras ocasións débense á combinación de determinados alelos de varios xenes (algúns cancros)

Outras enfermidades xenéticas teñen desequilibrios a nivel cromosómico (síndrome de Down)

Non Hereditarias

A causa de mutacións nas células somáticas, por exposición a substancias mutáxenas, non son perxudiciais salvo cando afectan ao cancro

Hereditarias

Orixen en mutacións nas células reprodutoras, polo que afectan a todas as células dos descendentes

  • Cancro: teñen unha orixe hereditaria nunha porcentaxe elevada
  • Fibrose quística
  • Síndrome de Down: 3 copias do cromosoma 21

Descargar

PDF Word HTML